Ferrari 166
Ferrari 166 | |
---|---|
Marca | Ferrari |
Fabricante | Ferrari |
Matriz | Ferrari |
Outros nomes | S, Inter, Sport e MM |
Produción | 1948 - 1953 |
Configuración | |
Carrozaría | Cupé e barchetta Monopraza de carreiras |
Tren motriz | |
Motor | Dianteiro, V12 en liña, 1 995 cm³ |
Dimensións | |
Lonxitude | 4480 mm |
Anchura | 1970 mm |
Altura | 1130 mm |
Peso | 980 kg |
Cronoloxía | |
Ferrari 275 F1, Ferrari 375 F1, Ferrari 195 → | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Ferrari 166 é un automóbil de carreiras e de estrada, do fabricante de automóbiles italiano Ferrari, producíronse un centenar de unidades entre 1948 e 1953. Dispoñible en numerosas variantes de carrozaría e accionado por un motor V12 de 2 litros, o nome, 166, coincide co volume de cada volta cilindro (1995 cm³/12 é dicir 166´25 por cilindro). En primeiro lugar, en competición e logo en coches de estrada, os seus resultados permitiron a Enzo Ferrari establecer a súa lenda tanto nos deportes de motor como de fabricante de coches deportivos GT.
-
166 F2, museo Ferrari, Maranello.
-
166 MM Barchetta, festival de velocidade de Goodwood.
166 S de competición
Sobre a base da estrutura tubular e o motor V12 de 1´5 L do Ferrari 125 de Gioacchino Colombo, montouse un 1´9 litros no Ferrari 159 S e un 2 litros no Ferrari 166 establecendo a súa lenda en 1948 con este terceiro modelo, que coroou o éxito da marca na competición.
-
166 Spyder Corsa (SC), festival de velocidade de Goodwood.
-
166 MM Barchetta de carreiras.
-
166 MM, gañador das 24 Horas de Le Mans de 1949.
O 166 participou no seu primeiro Grand Prix, co príncipe piloto Igor Troubetzkoy no Gran Premio de Mónaco de 1948 coa versión SC. Foi o primeiro Ferrari en gañar as 24 Horas de Le Mans e coa versión MM as 24 Horas de Le Mans de 1949, cos pilotos Luigi Chinetti e o Lord Selsdon, Chinetti e Jean Lucas gañaron o mesmo ano, as 24 Horas de Spa. O 166 foi tamén dúas veces gañador da Targa Florio en 1948 (versión Sport) e en 1949 (versión SC) con Clemente Biondetti[1] (e Troubetzkoy a primeira vez), a continuación a Copa Spa en 1953 con Olivier Gendebien, ademais terminou segundo no Rallye Paris - Saint-Raphaël Féminin con Yvonne Simon en 1951. Participou nos campionatos mundiais de Fórmula 1 de 1950, 1951, 1952 e 1953, entre outros, os pilotos de Alfa Romeo Giuseppe Farina e Juan Manuel Fangio foron os campións mundiais de 1950 e 1951, aínda que Ferrari e Alfa Romeo compartiron podio nas mellores carreiras.
En 1950, os Ferrari 275 F1 e 375 F1 sucederono no tempo, logrando as primeiras vitorias da marca nun Gran Premio de Fórmula 1, seguidas do primeiro título de bicampeón do mundo en 1952 e 1953 co piloto de Ferrari Alberto Ascari.
Derivados de estrada: Inter, Deportivo e MM
O 166 foi o primeiro Ferrari de carreiras da marca adaptado a un GT de estrada, con distintas variantes feitas por varios deseñadores de carrozarías: Allemano, Pininfarina, Vignale, Touring, Ghia, Bertone, Abarth...:
-
166 Inter Touring Berlinetta.
-
166 MM Cupé Touring, museo Enzo Ferrari, Módena.
-
Ferrari 166 MM Barchetta Touring, concurso de elegancia Villa d'Este.
-
166 MM Barchetta Touring.
-
166 MM Barchetta Touring.
- F2 (coche de carreiras de Fórmula 2)
- SC (Spyder Corsa, 9 unidades)
- S (Sport course, 3 unidades)
- Inter (cupé GT, 39 unidades)
- MM (Mille Miglia Barchetta e cupé, ao redor de 46 unidades)
Automóbiles de colección
Fíxose popular na categoría de vehículos históricos, un modelo 166 Inter Cupé de 1949 coa carrozaría de Touring de Milán, vendeuse nunha poxa en 2014 en Bonhams por pouco máis de 790 000 €[2], no Festival de velocidade de Goodwood.[3].
Notas
- ↑ (en italiano) Le auto vincitrici - Targa Florio 1906-1977
- ↑ (en inglés) More records broken by Bonhams at Revival auction Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. - Andrew Craig, Site officiel du Festival de vitesse de Goodwood, 14 septembre 2014
- ↑ Commissaire-priseur : Ferrari 166 Inter Coupé - Alexandre Stricher, autocult.fr, 29 avril 2014