Fetty Wap

Fetty Wap
Nome completoWillie Junior Maxwell II
AlcumeFetty Wap
Nacemento7 de xuño de 1991
Lugar de nacementoPaterson
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterEastside High School
Ocupaciónrapeiro, cantante e compositor de cancións
Coñecido porTrap Queen
Na rede
http://fettywap.com
IMDB: nm7261985 Facebook: FettyWap Twitter: fettywap Instagram: fettywap1738 Youtube: UC_eQfAQjj6mYj92l3SBmIdg TikTok: fettywap Souncloud: FettyWap1738 Spotify: 6PXS4YHDkKvl1wkIl4V8DL iTunes: 872900424 Last fm: Fetty+Wap Musicbrainz: e3492ea0-5997-4241-a7bf-2fd7fb1bfad1 Songkick: 8472253 Discogs: 4227218 Allmusic: mn0003351201 Deezer: 7200950 Genius: Fetty-wap Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Willie Maxwell II, máis coñecido como Fetty Wap, nado en Paterson, Nova Jersey o 7 de xuño de 1991, é un rapeiro estadounidense que debutou con "Trap Queen", que se converteu nun éxito nos Estados Unidos. Posteriormente, publicou "679" e "My Way" que tamén se posicionaron nas dez primeiras posicións dunha lista popular estadounidense.

Traxectoria

Comezos

En 2013, Wap comezou a facer música como un rapeiro solista e despois interesouse en cantar porque "quería facer algo diferente". A finais de 2013, inspirado nunha muller escribiu unha canción chamada "Trap Queen", que gravou en marzo de 2014 co produtor Tony Fadd, de RGF Productions.

A comezos de novembro de 2014, firmou un acordo de gravación con 300 Entertainment e RGF Productions. O 15 de decembro lanzou en iTunes unha nova versión de "Trap Queen". Wap integrou un grupo de rap chamado Remy Boyz 1738, no que tamén participaron P-Dice e Montana Monty Buckz, o artista foi apodado "Fetty", un argot para referirse aos cartos, xa que o seu propósito como rapeiro era facer cartos; posteriormente engadiu "Wap" ao final do pseudónimo para homenaxear a Gucci Mane, quen tamén é coñecido como Guwop.

Discografía

  • Fetty Wap (2015).
  • Zoovier (2016).
  • King Zoo (2017).

Véxase tamén

Ligazóns externas