Fetty Wap
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Willie Junior Maxwell II ![]() 7 de xuño de 1991 ![]() Paterson, Estados Unidos de América ![]() |
Outros nomes | Fetty Wap ![]() |
Educación | Eastside High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | rapeiro, cantante, cantautor ![]() |
Período de actividade | 2014 ![]() |
Xénero artístico | Música hip hop, música trap, R&B contemporáneo, música pop e pop rap ![]() |
Tesitura | Barítono ![]() |
Instrumento | Piano e voz ![]() |
Selo discográfico | Atlantic Records ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Sitio web | fettywap.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Willie Maxwell II, máis coñecido como Fetty Wap, nado en Paterson, Nova Jersey o 7 de xuño de 1991, é un rapeiro estadounidense que debutou con "Trap Queen", que se converteu nun éxito nos Estados Unidos. Posteriormente, publicou "679" e "My Way" que tamén se posicionaron nas dez primeiras posicións dunha lista popular estadounidense.
Traxectoria
Comezos
En 2013, Wap comezou a facer música como un rapeiro solista e despois interesouse en cantar porque "quería facer algo diferente". A finais de 2013, inspirado nunha muller escribiu unha canción chamada "Trap Queen", que gravou en marzo de 2014 co produtor Tony Fadd, de RGF Productions.
A comezos de novembro de 2014, firmou un acordo de gravación con 300 Entertainment e RGF Productions. O 15 de decembro lanzou en iTunes unha nova versión de "Trap Queen". Wap integrou un grupo de rap chamado Remy Boyz 1738, no que tamén participaron P-Dice e Montana Monty Buckz, o artista foi alcumado "Fetty", un argot para referirse aos cartos, xa que o seu propósito como rapeiro era facer cartos; posteriormente engadiu "Wap" ao final do pseudónimo para homenaxear a Gucci Mane, quen tamén é coñecido como Guwop.
Discografía
- Fetty Wap (2015).
- Zoovier (2016).
- King Zoo (2017).