Fiat 3½ HP

Fiat 3½ HP

NomeFiat 3½ HP
Outros nomes Fiat 4 HP
Construtor Fiat
Produción 1899-1900
Montaxe Corso Dante, Turín, Italia
Sucesor Fiat 6 HP
Motor 2 en liña 679 c.c.[1]
Dimensións 2.300 mm x 1. 420 mm x 1.450 mm
Peso 680 kg.
Deseñador Aristide Faccioli[2]
O FIAT 4 HP no National Motor Museum, no Reino Unido

O FIAT 3 ½ HP, ás veces chamado 4 CV foi o primeiro modelo de automóbil producido por FIAT. Foron producidas oito unidades no seu primeiro ano (1899) e un total de 26 entre 1899 e 1900.

Características

O coche tiña un motor de 2 cilindros refrixerado por auga de 0,7 litros (679 c.c.), de montaxe traseira producían 4,2 cabalos de forza a 800 rpm, montado cunha caixa de cambios de tres velocidades (non foi incluída a marcha atrás). Con este pequeno motor o coche podía alcanzar a velocidade máxima de 35 km/h. Malia ter un motor tan pequeno, o coche consumía 8 l/100 km.

Este primeiro Fiat baseouse no traballo do fabricante de automóbiles Ceirano GB & C, responsable doutro modelo cedo de automóbil, o Ceirano Welleyes.[3] O 3 ½ tiña unha carrocería de Marcello Alessio de Turín.[4] Polo menos catro destes primeiros Fiat sobreviviron: un no Museo do Automóbil de Turín, o Centro Storico Fiat, o National Motor Museum no Reino Unido e o Museo Ford en Dearborn (Míchigan), nos EUA.[4][5]

Galería

Notas

  1. "Technical specifications of 1899 Fiat 3.5 CV". carfolio.com. Consultado o 2008-02-26. 
  2. "FIAT mod. 4 HP". museoauto.it. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2013. Consultado o 2012-12-26. 
  3. "1899 Ceirano Welleyes". motorspeed.wordpress.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2012. Consultado o 2008-02-26. 
  4. 4,0 4,1 "La Fiat 3 ½ HP". archimagazine.com. Consultado o 2008-03-25.  (en italiano)
  5. "Fiat 3½hp". nationalmotormuseum.org.uk. Consultado o 2010-12-02.