Filmes de Albania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Albania presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dunha maneira irregular dende o ano 1996. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
O candidato de Albania é decidido por un comité designado polo Ministerio de Cultura de Albania.[5] Até o ano 2022, dezaseis filmes albaneses foron propostos ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.
Propostas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Albania para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Director | Resultado |
---|---|---|---|
1996 (69ª) |
Kolonel Bunker | Kujtim Çashku | Non nomeado |
2001 (74ª) |
Parullat | Gjergj Xhuvani | Non nomeado |
2008 (81ª) |
Trishtimi i zonjës Shnajder | Eno Milkani & Piro Milkani | Non nomeado |
2009 (82ª) |
Gjallë! | Artan Minarolli | Non nomeado |
2010 (83ª) |
Lindje, perëndim, lindje[7] | Gjergj Xhuvani | Non nomeado[8] |
2011 (84ª) |
Amnistia | Bujar Alimani | Non nomeado |
2012 (85ª) |
Pharmakon[9] | Joni Shanaj | Non nomeado |
2013 (86ª) |
Agon[10] | Robert Budina | Non nomeado |
2015 (88ª) |
Bota[11] | Iris Elezi, Thomas Logoreci | Non nomeado |
2016 (89ª) |
Krom[12] | Bujar Alimani | Non nomeado |
2017 (90ª) |
Dita zë fill[13] | Gentian Koçi | Non nomeado |
2019 (92ª) |
Delegacioni[14] | Bujar Alimani | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Derë e hapur[15] | Florenc Papas | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Dy Luanë drejt Venecias[16] | Jonid Jorgji | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Një Filxhan Kafe dhe Këpucë të Reja Veshur[17] | Gentian Koçi | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Alexander[18] | Ardit Sadiku | Non nomeado |
Notas
- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ shqiperia.com (ed.). "Gjalle ne Oscar? Skishte tjeter!" (en albanés). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2010. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ Holdsworth, Nick (27 de setembro de 2010). Variety, ed. "Albania looks 'East' for its Oscar choice". Consultado o 28 de setembro de 2010.
- ↑ oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar® Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011.
- ↑ Holdsworth, Nick (25 de setembro de 2012). Variety, ed. "Albania to enter 'Pharmakon' for Oscars". News Limited. Consultado o 25 de setembro de 2012.
- ↑ Illyria (ed.). "Albania's Agon selected for the foreign-language film category at the 2014 Oscars". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2013. Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ Holdsworth, Nick (21 de setembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Albania Nominates 'Bota' for Foreign-Language Category". Consultado o 21 de setembro de 2015.
- ↑ Holdsworth, Nick (18 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Albania Selects 'Chromium' for Foreign-Language Category". Consultado o 18 de setembro de 2016.
- ↑ Holdsworth, Nick (18 de setembro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Albania Selects 'Daybreak' for Foreign-Language Category". Consultado o 18 de setembro de 2017.
- ↑ Holdsworth, Nick (20 de setembro de 2019). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Albania Selects 'The Delegation' for International Feature Film Category". Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ "Njoftim për përzgjedhjen e filmit artistik shqiptar që do të konkurrojë në "International Feature Film" – edicioni 93". Albanian National Center of Cinematography. 26 de outubro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2020.
- ↑ "'Dy Luanë drejt Venecias' nga Jonid Jorgji për Oscars 2022". Kultplus. 23 de setembro de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ "Shqipëria gati për “Oscars”, prezantohet kandidatura e këtij viti". kultplus. Consultado o 9 de setembro de 2022.
- ↑ "Filmi “Alexander”, i Ardit Sadikut, kandidatura e Shqipërisë për në çmimet Oscar". kultplus. 26 de setembro de 2023. Consultado o 26 de setembro de 2023.