Filmes de Xordania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Xordania presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 2008. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2023, Xordania presentou sete filmes para o Óscar ó mellor filme internacional, conseguindo un nomeamento na 88ª edición dos premios.
Propostas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Xordania para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Título en árabe | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2008 (81ª) |
Captain Abu Raed | كابتن أبو رائد | Amin Matalqa | Non nomeado |
2015 (88ª) |
Theeb[6] | ذيب | Naji Abu Nowar | Nomeado[7]
|
2016 (89ª) |
3000 Nights[8] | 3000 ليلة | Mai Masri | Non nomeado |
2020 (93ª) |
200 Meters[9] | 200 Meters | Ameen Nayfeh | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Amira[10] | أميرة | Mohamed Diab | Retirado[11] |
2022 (95ª) |
Farha[12] | فرحة | Ameen Nayfeh | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Inshallah walad[13] | إن شاء الله ولد | Amjad Al-Rasheed | Non nomeado |
Notas
- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ Ritman, Alex (8 de setembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Jordan Selects 'Theeb' for Foreign-Language Category". Consultado o 8 de setembro de 2015.
- ↑ Ford, Rebecca (14 de xaneiro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscar Nominations: The Complete List". Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ Ritman, Alex (27 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Jordan Selects '3000 Nights' for Foreign-Language Category". Consultado o 27 de setembro de 2016.
- ↑ "200 Meters to Represent Jordan for 2021 Oscars International Feature Film Award". The Royal Film Commission Jordan. 18 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "Egyptian director Mohamed Diab's Amira to represent Jordan at the Oscars". Ahram Online. 11 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2022. Consultado o 15 de novembro de 2021.
- ↑ Wiseman, Andreas (9 de decembro de 2021). "Jordan Withdraws Oscar Hopeful 'Amira' Following Backlash". Deadline.com (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Oscars 2023: Jordan submits ‘Farha’". Screen Daily (en inglés). 2022-09-02. Consultado o 2022-09-29.
- ↑ Goodfellow, Melanie (2023-09-28). "Oscars: Jordan Selects ‘Inshallah A Boy’ For Best International Feature Film". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-28. Consultado o 2023-09-28.