Fin de siglo
Fin de siglo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Fin de siglo |
Director | Lucio Castro |
Produtor | Joanne Lee |
Guión | Lucio Castro |
Intérpretes | Juan Barberini Ramon Pujol Mía Maestro |
Música | Robert Lombardo |
Fotografía | Bernat Mestres |
Montaxe | Lucio Castro |
Estudio | Alsina 427 JWProductions |
Estrea | 30 de marzo de 2019 |
Duración | 84 minutos |
Orixe | Arxentina |
Xénero | Drama romántico |
Na rede | |
Fin de siglo é un filme arxentino de 2019 dirixido por Lucio Castro.[1] Está protagonizado por Juan Barberini no papel de Ocho, un home arxentino de vacacións en Barcelona que ten un encontro sexual casual con Javi (Ramon Pujol). Porén, ámbolos dous descobren que xa se coñeceran 20 anos antes, en 1999, cando estaban no armario e demasiado temerosos de comezar unha relación entre eles.[2] O filme tamén conta coa interpretación de Mía Maestro como Sonia, a moza de Javi no momento do primeiro encontro.
Estreouse no New Directors/New Films Festival o 30 de marzo de 2019.[3] Posteriormente tivo a súa estrea na Arxentina o 8 de abril no Festival Internacional de Cinema Independente de Buenos Aires, onde gañou o premio ó mellor filme arxentino.[4] Tamén se estreou en festivais de cinema xeralistas e de temática LGBT, e gañou o premio ó mellor filme no Festival de Cinema Frameline.[5]
Notas
- ↑ Glenn Kenny, "‘End of the Century’ Review: A Vacation Veers Into Existential States". The New York Times, 15 de agosto de 2019.
- ↑ Keith Uhlich, "'End of the Century': Film Review | New Directors/New Films 2019". The Hollywood Reporter, 30 de marzo de 2019.
- ↑ Jude Dry, "‘End of the Century’ Trailer: Swooning Gay Romance Is the Argentine Answer to ‘Weekend’". IndieWire, 17 de xullo de 2019.
- ↑ "BAFICI 2019: “The Unicorn” y “Fin de siglo” fueron las grandes ganadoras". Otros Cines, 13 de abril de 2019.
- ↑ John Seal, "Big Screen Berkeley: ‘End of the Century’ and ‘Britt-Marie Was Here’". Berkeleyside, 26 de setembro de 2019.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Fin de siglo na IMDb (en inglés).