Firefly Lane
Firefly Lane | |
---|---|
Formato | Drama |
Creado por | Maggie Friedman |
Desenvolvido por | Aaron Au |
Intérpretes |
|
Tema de apertura | Wendy Melvoin e Lisa Coleman |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 2 |
Episodios | 26 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Burnaby, Columbia Británica |
Duración | 47-53 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 3 de febreiro de 2021 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80994340 | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Firefly Lane é unha serie de televisión estadounidense creada por Maggie Friedman para Netflix. A serie está baseada na novela homónima escrita por Kristin Hannah.[1] Estreouse orixinalmente o 3 de febreiro de 2021, e conta as vidas de dúas mozas adolescentes na década de 1970 e a súa adultez a comezos da década de 2000.
Personaxes
- Katherine Heigl como Tully Hart, unha famosa presentadora de televisión do programa The Girlfriend Hour
- Ali Skovbye como Tully de adolescente
- London Robertson como Tully en 1970
- Sarah Chalke como Kate Mularkey, a mellor amiga de Tully dende os 14 anos.
- Roan Curtis como Kate de adolescente
- Ben Lawson como Johnny Ryan, marido de Kate e o produtor de The Girlfriend Hour
- Beau Garrett como Cloud, nai solteira de Tully
- Yael Yurman como Marah Ryan, filla adolescente de Kate e Johnny
Estrea
O 14 de outubro de 2020, estreouse un teaser oficial e puidéronse ver as primeiras imaxes da serie.[2] A serie estreouse o 3 de febreiro de 2021.[3]
Notas
- ↑ Petski, Denise (22 de febreiro de 2019). "Netflix Orders 'Firefly Lane' Drama Series From Maggie Friedman Based On Book". Deadline Hollywood. Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ Romano, Nick (14 de outubro de 2020). "Katherine Heigl and Sarah Chalke spark an everlasting bond in Firefly Lane first look". Entertainment Weekly. Consultado o 18 de outubro de 2020.
- ↑ Ausiello, Michael (3 de decembro de 2020). "Firefly Lane Trailer: Katherine Heigl and Sarah Chalke's BFFs Are 'F--king Stuck With' Each Other in New Netflix Drama". TVLine. Consultado o 3 de decembro de 2020.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Firefly Lane na IMDb (en inglés).