Five Dollar Bob's Mock Cooter Stew
Five Dollar Bob's Mock Cooter Stew | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Mudhoney | |||||
Data de edición: | 26 de outubro de 1993 | ||||
Lanzamento: | |||||
Datas de gravación: | 1991 - 1992 | ||||
Estudio(s) de gravación: | Hanszek Audio e Egg Studios | ||||
Duración: | 23:11 | ||||
Xénero musical: | grunge, garage punk, rock alternativo | ||||
Selo discográfico: | Reprise Records | ||||
Producido por: | Mudhoney, Kurt Bloch | ||||
Cronoloxía | |||||
|
Five Dollar Bob's Mock Cooter Stew é un EP da banda estadounidense de grunge Mudhoney, editado o 26 de outubro de 1993 polo selo Reprise Records.
O EP é un recompilatorio de sete temas, catro dos cales eran cancións novas no tempo da edición. Das outras tres, dúas eran rarezas, e a última unha versión re-gravada dun tema anteriormente editado, "Make It Now", aparecido en Piece of Cake e co título "Make It Now Again" no EP. "Deception Pass" e "Underide" aparecen en sinxelos anteriores. Os catro temas restantes son novos e só aparecen neste EP.
Listaxe de cancións
- "In the Blood" – 3:08
- "No Song III" – 4:11
- "Between Me & You Kid" – 3:38
- "Six Two One" – 2:35
- "Make It Now Again" – 4:35
- "Deception Pass" – 2:52
- "Underide" – 2:08