Fiz III, papa

Fiz III
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoSâmnio
Falecemento22 de setembro de 530
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico e escritor
Período526 a 530
Coñecido porser o papa n° 54 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

San Fiz IV, nado en Benevento, Samni ou Campania e finado en Roma o 530, a miúdo tamén chamado Fiz III[1], foi escollido Papa o 12 de xullo de 526.

Logo da morte de Xoán I, Fiz foi elixido Papa por Teodorico o Grande, que controlaba a curia romana. Esta alianza reportou grandes beneficios á Igrexa.

Este Papa fixo construír a basílica dos santos Cosme e Damián de Roma.

Morreu o 22 de setembro de 530 en Roma.

Notas

  1. Actualmente considérase o Papa Fiz II un antipapa, pero cando accedeu ao pontificado Fiz III non o recoñecía como tal e por iso tomou este nome. O segundo Papa Fiz recoñecido pola Igrexa católica, pois, ostenta o ordinal III. É por iso que o Papa Fiz IV, o seguinte en recibir este nome, tamén é chamado Fiz III.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.