Florida Gators
Florida Gators é o equipo deportivo da Universidade de Florida en Gainesville, Florida. Os equipos dos Gators participan nas competicións organizadas pola NCAA, e forman parte da Southeastern Conference.
Os Gators son famosos polos seus equipos de fútbol americano, que gañou o título nacional en 1996 e 2006; e de baloncesto, que o fixo en dúas ocasións consecutivas, 2006 e 2007. O programa de baloncesto foi mediocre ata mediados dos anos 90, e no ano 2000, liderados por Mike Miller, chegaron á Final Four.
O equipo feminino de fútbol tamén gañou un título, en 1998.
Baloncestistas do nivel de Mike Miller, Jason Williams, Udonis Haslem, David Lee e Joakim Noah foron alumnos da Universidad de Florida, ademais do nadador español Martín López-Zubero.
Palmarés
- Fútbol americano : 1996, 2006, 2008
- Baloncesto masculino : 2006, 2007
- Golf masculino : 1968, 1973, 1993, 2001
- Golf feminino : 1985, 1986
- Natación masculino : 1983, 1984
- Natación feminino : 1979 (AIAW), 1982
- Ximnasia : 1982 (AIAW)
- Tenis feminino : 1992, 1996, 1998, 2003
- Tenis feminino (indoor) : 1988, 1991, 1992, 1996, 1997, 1999
- Atletismo feminino (indoor) : 1992
- Fútbol feminino : 1998
Deportes
Os Gators participan nas seguintes modalidades deportivas:
|
Baloncesto
Os Gators, cuxas orixes remóntanse a 1915, posúen o récord de 2 campionatos da NCAA gañados. O equipo da UF adestrado por Billy Donovan gañou 2 títulos en 3 tempadas.
Un total de 25 xogadores dos Gators chegaron á NBA.
Fútbol americano
O equipo creouse en 1906. É, sen dúbida, o deporte que máis éxitos deu á UF, con 3 títulos da NCAA e 8 títulos de conferencia. Ademais, tres dos seus xogadores conseguiron o prestixioso Trofeo Heisman. Disputaron 35 bowls.
Béisbol
Creado en 1912, ademais de 5 aparicións nas World Series universitarias. 7 xogadores desta universidade xogan actualmente na MLB.