Frédéric Bazille

Infotaula de personaFrédéric Bazille

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean Frédéric Bazille Editar o valor em Wikidata
6 de decembro de 1841 Editar o valor em Wikidata
Montpellier, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de novembro de 1870 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Beaune-la-Rolande, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaProtestant cemetery in Montpellier (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París
Fontainebleau
Honfleur Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1860 Editar o valor em Wikidata - 1870 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato, Arte de paisaxes, pintura de figuras, Natureza morta e pintura de xénero Editar o valor em Wikidata
MovementoImpresionismo, École de Barbizon e pintura do realismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCharles Gleyre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiGaston Bazille (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMarc Bazille (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bazille-40 Find a Grave: 118243757 Editar o valor em Wikidata

Jean Frédéric Bazille, nado o 6 de decembro de 1841 e finado o 28 de novembro de 1870, foi un pintor impresionista francés.[1]

Traxectoria

Bazille naceu en Montpellier, Hérault, (Languedoc-Roussillon), no seo dunha familia protestante de clase alta. Na súa xuventude comezou a interesarse pola pintura despois de coñecer algúns dos traballos de Eugène Delacroix.

O seu interese pola arte fixo que quixese estudar pintura, o cal foille permitido pola súa familia coa condición de que estudase medicina.[1] Bazille comezou os seus estudos de medicina en 1859, mudándose a París en 1862 para que poidese continua-los seus estudos. En París comezou a asistir a clases de pintura no obradoiro de Charles Gleyre e coñeceu a Pierre-Auguste Renoir, pintor impresionista, quen, xunto a Claude Monet, Alfred Sisley e Édouard Manet introducírono no mundo da pintura.[1]

A súa grande amizade con Renoir e Monet fixo que Bazille os axudase en moitas ocasións, permitíndolles pintar nos seus obradoiros, empregar os seus materiais e chegando a pagar polas súas obras (En 1867 pagou 2.500 francos por Mulleres nun xardín de Monet[2]). Despois de suspender o seu exame de medicina, decidiu abandonar a carreira en 1864, pasando a pintar a tempo completo.

As súas pinturas máis coñecidas son La Robe rose (O vestido rosa) (1864), pintado cando o autor contaba só con 23 anos, e Réunion de famille (Reunión de familia) (1867).[3]

Frédéric Bazille morreu en 1870 aos 28 anos de idade, asasinado nunha operación militar en Beaune-la-Rolande, Loiret durante a guerra franco-prusiana.

Traballos principais

Autorretrato
  • La Robe rose (O vestido rosa), (1864) - 147 x 110 cm, Museo de Orsay, París
  • Atelier de la rue Furstenberg (Estudo da rúa Furstenberg), - 80 x 65 cm, Museo Fabre, Montpellier
  • Aigues-Mortes, - 46 x 55 cm, Museo Fabre, Montpellier
  • Autoportrait (Autoretrato), (1865) - 109x72 cm, The Art Institute, Chicago
  • Réunion de Famille (Reunión de familia), (1867) - 152 x 230 cm, Museo de Orsay, París
  • Le Pécheur à l'épervier, (1868) - 134 x 83 cm, Fondation Rau pour le tiers-monde, Zürich
  • Vue de village (Vista da vila), (1868) - 130 x 89 cm, Museo Fabre, Montpellier
  • Scène d'été, 1869 - 158 x 158 cm, Cambridge, Harvard University
  • La Toilette, (1870) - 132 x 127 cm., Museo Fabre, Montpellier
  • L'Atelier de la rue Condamine (Estudo da rúa Condamine), (1870) - 98 x 128.5 cm, Museo de Orsay, París
  • Paysage au bord du Lez, (1870) - 137.8 x 202.5 cm, The Minneapolis Institute of Arts, Minneapolis

Galería de traballos

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "WetCanvas bio". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2010. Consultado o 14 de decembro de 2008. 
  2. Enciclopedia Larousse, Tomo XVIII, ISBN 84-01-61738-3
  3. Rosenblum, 1989, p. 225

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rosenblum, Robert (1989). Paintings in the Musée d'Orsay. Nova York: Stewart, Tabori & Chang. ISBN 1-55670-099-7

Outros artigos

Ligazóns externas