Francis Cabrel

Francis Cabrel
Francis Cabrel nun concerto o 28 de abril de 2007 no Festival international de Louisiane en Lafayette, Luisiana.
Data nacemento23 de novembro de 1953 (70 anos)
Nado en Agen, Francia
OcupaciónCantante
compositor
XéneroChanson française
Instrumento(s)Voz, guitarra, piano, harmonica.
Selo(s) discográfico(s)CBS, Columbia
Tempo en activo1974 - actualidade
Na rede
franciscabrel.com
IMDB: nm0127784 Allocine: 35573
MySpace: frances.cabrel Youtube: UCstQhyBPbQoS_Py3-t7mjvQ Souncloud: francis-cabrel-official Spotify: 5uo5NwSONVNfvSHHMQrHAv iTunes: 296102 Last fm: Francis+Cabrel Musicbrainz: 9476ee3c-ede2-46e8-ae24-ce2db54b5df3 Songkick: 368153 Discogs: 349249 Allmusic: mn0000153563 Deezer: 670 Genius: Francis-cabrel Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Francis Cabrel, nado en Astaffort, preto de Agen, Francia o 23 de novembro de 1953, é un cantante e guitarrista francés.

Biografía

Naceu nunha familia modesta orixinaria de Friúl-Venecia Xulia, Italia, o seu pai traballaba nunha pastelería e a súa nai era camereira nunha cafetería. Ten unha irmá, Martine, e un irmán, Philippe. Pasou a súa infancia en Astaffort.

Aos trece anos, escoitou por primeira vez na radio "Like a Rolling Stone", un descubrimento que tería unha importante influencia na súa carreira. Comezou a compoñer con 16 anos por afección influído por cantantes como Bob Dylan, Neil Young ou Leonard Cohen.

Expulsárono do instituto por problemas de disciplina e encontrou traballo nunha zapateiría, traballo que abandonou pola música, comezou tocando en pubs e bares co grupo Ray Frank et les Jazzmen (máis tarde Les Gaulois). Pero deixou o grupo, comezou a presentarse a concursos e finalmente comezou a gravar discos.

Cantantes mundialmente coñecidos como Shakira, Jarabe de Palo, Manzanita e Muchachito Bombo Infierno interpretaron unha das súas canciónes : Je L'aime A Mourir

Está casado e é pai de tres fillas: Manon, Aurélie e Thiu.

Álbums de estudio

  • Les Murs de poussière (1977)
  • Les Chemins de traverse (1979)
  • Fragile (1980)
  • Carte postale (1981)
  • Quelqu'un de l'intérieur (1983)
  • Photos de voyages (1985)
  • Sarbacane (1989)
  • Samedi soir sur la Terre (1994)
  • Hors-saison (1999)
  • Les beaux dégâts (2004)
  • Des roses et des orties (2008)
  • Vise le ciel (2012)
  • In extremis (2015)
  • À l'aube revenant (2020)

Álbums en direto

  • Cabrel public (1984)
  • D'une ombre à l'autre (1991)
  • Double Tour (2000)
  • La Tournée des bodegas (2005)

Recompilacións

  • Cabrel 77-87 (1987)
  • Algo más de amor (1998)
  • Aniversario (2003)
  • L'essentiel 1977-2007 (2007)

Participacións

Colaboracións

  • Participación no programa SOS Éthiopie da asosiación Chanteurs sans frontières. (1985)
  • Reinterpretación de Quand j'aime une fois, j'aime pour toujours de Richard Desjardins no álbum Urgence, 27 artistes contre le sida. (1992)
  • Reinterpretación de Les Passantes no álbum homenaxe Chantons Brassens. (1992)
  • Participación regular no espectáculo Les enfoirés. (A partir de 1992)
  • Participación nos álbums e nos concertos en beneficio da asociación Sol En Si. (A partir de 1993)
  • Reinterpretación da canción Prisonnier de l'inutile no álbum homenaxe a Gérard Manset Route Manset (1996)
  • Saca unha nova versión da súa canción Sarbacane no álbum Merci d'être venus de Jean-Jacques Milteau. (1996)
  • Interpreta Tandem en dúo con Vanessa Paradis no álbum Le Zénith des Enfoirés. (1997)
  • Interpreta Yo vengo a ofrecer mi corazon en dúo con Mercedes Sosa no álbum Algo más de amor o mesmo que en The Best of Mercedes Sosa (Polygram, 1997).
  • Reinterpreta a canción Petite Angèle de Daniel Balavoine no álbum Hommages…2000
  • Reinterpreta a canción La Complainte de la butte en dúo con Patrick Bruel no álbum Entre deux. (2002)
  • Interpreta Des nuits trop longues en dúo con Michael Jones no álbum Prises et Reprises. (2004)
  • Interpreta Gardien de nuit no conto de fadas musical Le Soldat rose de Louis Chedid e Pierre-Dominique Burgaud.(2006)
  • Reinterpretación da canción Le Loir-et-Cher en dúo con Michel Delpech no álbum Michel Delpech &... (2006)
  • Interpreta Cash City en dúo con Luc de Larochellière no álbum Voix croisées (2006)
  • Interpreta Pas question d'aventure en dúo no álbum Duos Dubois de Claude Dubois (2008)
  • Interpreta Giours co grupo Corou de Berra no álbum 10 (2008)
  • Interpreta Tout reste à faire con Souad Massi no álbum Ô Houria (2010)
  • Interpreta Les filles à quoi ça sert ? con Jean-Jacques Goldman, Alain Souchon e Bénabar, para o filme Titeuf de Zep (2011)
  • Interpreta Guantanamera con Nana Mouskouri no álbum Rendez-vous (2011)
  • Interpreta For No One no álbum homenaxe aos Beatles Fab Forever (2012)

Composicións

  • Adaptación francesa de Walking in Memphis de Marc Cohn, baixo o título Marcher dans Memphis, para o álbum Prises et Reprises de Michael Jones. (2004)
  • Adaptou no seu álbum Hors-saison a canción I've Been Loving You Too Long de Otis Redding (Depuis Toujours).(1999)
  • Adaptou no seu álbum Des roses et des orties as cancións Mama Don't de J.J. Cale (Madame n'aime pas), Born on The Bayou de Creedence Clearwater Revival (Né dans le Bayou) e She Belongs To Me de Bob Dylan (Elle m'appartient (c'est une artiste)). (2008)

Axuda humanitaria

Francis Cabrel é un fiel colaborador con Les enfoirés, e dos cocertos para recadar fondos para axudar á asociación Restos du cœur.

Sinxelos

Francis Cabrel nun concerto en Bruxelas no 2008.
Année Titre Álbum
1977 Petite Marie/Ami Les Murs de poussière
1978 Pas trop de peine/Au matin des mauvais jours
Les murs de poussière/Ami Les Murs de poussière
1979 Je l'aime à mourir/Les chemins de traverse Les Chemins de traverse
Je rêve
1980 L'encre de tes yeux Fragile
Je pense encore à toi
1981 La dame de Haute-Savoie
Carte postale Carte postale
1982 Répondez-moi
1983 La fille qui m'accompagne Quelqu'un de l'intérieur
1984 Saïd et Mohammed
Question d'équilibre
1985 Encore et encore Photos de voyages
Tourner les hélicos
1986 Je te suivrai
Il faudra leur dire
1989 Sarbacane Sarbacane
C'est écrit
Animal
1990 Tout le monde y pense (live) D'une ombre à l'autre
Petite Marie (live)
1994 La corrida Samedi soir sur la Terre
Je t'aimais, je t'aime, je t'aimerai
La cabane du pêcheur
1995 Octobre
Samedi soir sur la Terre
1997 Vengo a ofrecer mi corazón (en dúo con Mercedes Sosa) Algo más de amor
1999 Presque rien Hors-saison
Le reste du temps
Hors-saison
2000 Le monde est sourd
Ma place dans le trafic (live) Double Tour
2004 Bonne nouvelle Les Beaux Dégâts
Qu'est-ce que t'en dis ?
Tu me corresponds
2005 Les gens absents
Je pense encore à toi (live) La Tournée des bodegas
2007 Le gorille L'Essentiel 1977-2007
2008 La robe et l'échelle Des roses et des orties
Le chêne liège
2009 Des hommes pareils
Né dans le bayou
Les cardinaux en costume (live) La Tournée Des Roses & Des Orties (DVD)
2012 Comme une femme (Just Like a Woman) Vise le ciel

Galardóns

  • Victoire de la musique ao intérprete masculino do ano (1990).
  • Grande médaille de la chanson française por parte da Academia francesa, (2010)[1].

Notas

  1. "Francis Cabrel condecorado pola Academia francesa". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2010. Consultado o 30 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Claude Nougaro
Gañador masculino do Victoires de la musique a artista do ano
1990
Sucesor:
Michel Sardou