Francisco II de Francia
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) François II ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de xaneiro de 1544 ![]() Fontainebleau, Francia ![]() |
Morte | 5 de decembro de 1560 ![]() Orléans, Francia ![]() |
Causa da morte | meninxite ![]() |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis ![]() |
Rei de Francia | |
20 de xullo de 1559 – 15 de decembro de 1560 ← Henrique II de Francia – Carlos IX de França (pt) ![]() | |
Consort of Scotland (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Familia![]() | |
Familia | Dinastía Valois ![]() |
Cónxuxe | María I de Escocia (1558, 1558 (Gregoriano)–1560) |
Pais | Henrique II de Francia ![]() ![]() |
Irmáns | Henrique III de Francia, Francisco, Duque de Anjou (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5d/Francois_II_de_france.jpg/200px-Francois_II_de_france.jpg)
Francisco II de Francia (Fontainebleau, 19 de xaneiro, 1544 - Orleáns, 5 de decembro 1560), rei de Francia de 1559 a 1560)
Traxectoria
Era o fillo máis vello de Henrique II e de Catarina de Medici e neto xa que logo de Francisco I.
Comprometido desde os cinco anos a María Estuardo, raíña de Escocia, sobriña (por parte da súa nai) de Carlos I de Lorena, duque de Guisa, casou con ela en 1558 converténdose, por matrimonio, en rei de Escocia. Cando contaba 16 anos sucedeu ao seu pai, Henrique II, morto accidentalmente o 19 de xullo de 1559.
Tiña 16 anos e, polo tanto, era maior de idade e podía reinar. Pero a súa saúde, tanto física como psíquicamente era tan débil que foi manexado pola súa muller e os seus tíos os Guisa partidarios dunha política represiva contra os protestantes. Francisco deixou nas súas mans o goberno. Os dous irmáns máis vellos desta familia tiñan entón todo o poder: Francisco I de Lorena e de Guisa dirixe os exércitos e Carlos de Guisa, cardeal de Lorena, dispón das finanzas e dos asuntos da Igrexa.
O 21 de setembro de 1559, Francisco II é consagrado en Reims por Carlos de Guisa. Os príncipes Antón de Borbón, rei de Navarra e o seu irmán Lois I de Borbón, príncipe de Condé, están ansiosos por alcanzar un trono que eles consideran perténcelles por herdanza e que é ocupado por ambiciosos estranxeiros.
O reinado de Francisco II está inmerso nos disturbios relixiosos. Os católicos (á súa cabeza os Guisa), e os protestantes (dirixidos por Antón de Borbón, Luís de Condé e Gaspar de Coligny), reúnen os exércitos ante a posibilidade dunha guerra declarada. En marzo de 1560, os líderes protestantes dirixidos por La Renaudie organizan a Conxuración de Amboise, pensada para levar ao rei e subtraelo da influencia dos Guisa outorgando o poder a Luís de Condé. Pierre des Avenelles traizoounos e os principais xefes foron arrestados e executados (a excepción do príncipe de Condé).
Tras uns poucos meses de reinado Francisco II faleceu o 5 de decembro de 1560 por mor dunha otite que lle produciu un abceso. A trepanación levouna a cabo Ambroise Parei. Ao morrer sen descendencia, o seu irmán, o duque Carlos de Orleáns, con dez anos, sucedeuno. María Estuardo volveu a Escocia.
Predecesor: Henrique II |
![]() Rei de Francia 1559–1560 |
Sucesor: Carlos IX |