Franco Columbu
Franco Columbu | |
---|---|
Nome completo | Francesco Columbu |
Nacemento | 7 de agosto de 1941 |
Lugar | Ollolai |
Falecemento | 30 de agosto de 2019 |
Lugar | San Teodoro |
Causa | afogamento |
Soterrado | Ollolai |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Italia |
Educado en | Cleveland Chiropractic College |
Profesión | actor, guionista, escritor, boxeador, powerlifter, director de cinema, produtor de cinema, halterófilo, quiroprata e fisiculturista |
Na rede | |
http://www.columbu.com/ e https://francescocolumbu.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Franco Columbu, nado en Ollolai, na provincia de Nuoro, o 7 de agosto de 1941, e finado en San Teodoro (Nuoro) o 30 de agosto de 2019, foi un culturista e actor[1] italiano. Gañou o título de Mr. Olympia en 1976 e 1981.
Era coñecido dentro do culturismo como The Sardinian Strongman. Foi o segundo culturista europeo en gañar a competición de Míster Olympia, despois do austríaco Arnold Schwarzenegger.
Traxectoria
Columbu naceu en Ollolai, Sardeña, Italia. Comezando a súa carreira deportiva como boxeador, Columbu progresou no deporte olímpico do levantamento de pesas e o culturismo despois de gañar o título de Míster Olympia en 1976 e 1981.[2]
Columbu é bo amigo de Arnold Schwarzenegger, ó que coñeceu en Múnic en 1965 e participou en varias competicións de culturismo a nivel internacional.[3] Para as competicións de Míster Olympia, competiu na categoría das 200 libras (90,7 kg), mentres que Schwarzenegger estaba na categoría de máis de 200 libras.
Columbu serviu de padriño na voda de Schwarzenegger e María Shriver en 1986, ambos chegaron aos Estados Unidos polo gurú do culturismo Joe Weider en 1969.[4] Os dous culturistas europeos comezaron un negocio de albanelaría chamado European Brick Works, en 1969, segundo un informe publicado polo xornal estadounidense The New York Times.[5]
Morreu na praia de San Teodoro (Nuoro) por un colapso, o 30 de agosto de 2019.[6]
Filmografía
- 1976: Stay Hungry
- 1977: Pumping Iron
- 1980: The Hustler of Muscle Beach
- 1980: The Comeback
- 1982: Conan o bárbaro
- 1984: Terminator
- 1984: Getting Physical
- 1986: Don Rickles: Rickles on the Loose
- 1987: The Running Man
- 1987: Last Man Standing
- 1988: Big Top Pee-wee
- 1993: Il ritmo do silenzio
- 1994: Beretta's Island
- 1995: Taken Alive
- 1997: Doublecross on Costa's Island
- 1998: Hollywood Salutes Arnold Schwarzenegger: A Cinematheque Tribute
- 2002: Raw Iron:The Making of Pumping Iron
- 2003: Ancient Warriors
- 2008: Why we Train
- 2010: Muscle Beach then and Now
- 2011: Dreamland A Terra dei Sogni
Notas
- ↑ "Franco Columbu". IMDb.
- ↑ "Bodybuilder Franco Columbu Tribute". criticalbench.com.
- ↑ "Ahhnold!?". Time Magazine. August 18, 2003. Consultado el 11 de febrero de 2014.
- ↑ "Maria Owings Shriver Wed To Arnold Schwarzenegger". The New York Times.
- ↑ "Ethnic Issues in Recall Play Out at Latino Parade". The New York Times.
- ↑ "Morto Franco Columbu, l'emigrato sardo che divenne Mister Olympia nel culturismo". Repubblica.it (en italiano). 2019-08-30. Consultado o 2019-08-30.
Véxase tamén
Bibliografía
- Arnold Schwarzenegger: Total Recall. My unbelievable true life story. Simon & Schuster UK, Londres 2012, ISBN 978-1-84983-972-3, pp. 106–131.
- National Enquirer Staff (2005) (en inglés). Book of Champions: 40 Years of Mr. Olympia Training Secrets. Weider Publications. ISBN 978-0976611547.