Frank Sampedro

Modelo:BiografíaFrank Sampedro

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Virxinia Occidental, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesPoncho Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Preparatoria de Hollywood Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata - 2014 Editar o valor en Wikidata
Membro de
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoReprise Records Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0760050 Allocine: 24677
Musicbrainz: dfc3487a-7092-46e9-bb18-89a668c1ca54 Discogs: 428876 Editar o valor en Wikidata

Frank "Poncho" Sampedro, nado en Welch, Virxinia Occidental, o 25 de febreiro de 1949, é un músico estadounidense de orixe galega, recoñecido polo seu traballo como guitarrista da banda de rock Crazy Horse, principal grupo de respaldo de Neil Young.

Traxectoria

Fillo dun inmigrante galego de Ribeira, naceu o 25 de febreiro de 1949 en Virxinia Occidental e creceu en Detroit.[1] Uns anos despois, trasladouse a California en canto tivo idade suficiente para conducir.

Despois de tocar con varias bandas, e grazas á súa amizade con Billy Talbot, pasou a formar parte do grupo Crazy Horse, substituíndo a Danny Whitten, que morreu en novembro de 1972 por mor dunha sobredose.[1] O primeiro traballo de Sampedro con Neil Young foi en Zuma, [2] marcando un estilo musical máis próximo ao hard rock e máis presente en traballos posteriores como Rust Never Sleeps e Ragged Glory.

Ademais do seu traballo con Crazy Horse, Sampedro traballou con Young en proxectos en solitario ou con outras bandas como This Note's for You e Freedom, marcando unha ruptura con Talbot e Ralph Molina que provocou a ausencia do músico na gravación de Left for Dead. Tampouco participou na gravación de Greendale en 2003, aínda que se uniu á xira posterior como guitarrista.

Traballou ademais durante 18 anos como asistente da banda do programa The Tonight Show de Jay Leno.[3] Sampedro reside actualmente en Hawai.[3]

En agosto de 2012, durante o Alchemy Tour, a primeira de Neil Young con Crazy Horse en oito anos, Sampedro sufriu unha fractura no pulso, o que obrigou a Young a cancelar varios concertos en Europa e América do Norte.[4]

Instrumentos

Sampedro utiliza habitualmente unha Gibson Les Paul e unha Gibson ES-335.

Discografía

Con Crazy Horse
  • Crazy Moon (1978)
  • Gone Dead Train: The Best of Crazy Horse 1971-1989 (2005)
  • Scratchy: The Complete Reprise Recordings (2005)
Con Neil Young & Crazy Horse
  • Zuma (1975)
  • Rust Never Sleeps (1979)
  • Live Rust (1979)
  • Re-ac-tor (1981)
  • Life (1987)
  • Ragged Glory (1990)
  • Weld (1991)
  • Arc (1991)
  • Sleeps with Angels (1994)
  • Broken Arrow (1996)
  • Year of the Horse (1997)
  • Americana (2012)
  • Psychedelic Pill (2012)
Con Neil Young
  • American Stars 'N Bars (1977)
  • Comes a Time (1977)
  • Trans (1982)
  • This Note's for You (1988)
  • Freedom (1989)
  • Are You Passionate? (2002)
  • Chrome Dreams II (2007)

Notas

  1. 1,0 1,1 Luis P., Ferreiro (18 de abril de 2010). "Rock en la sangre y gaitas en el ADN". La Opinión A Coruña (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. Greene, Andy (17 de abril de 2013). "Crazy Horse Guitarist Frank ‘Poncho’ Sampedro: ‘My Gut Tells Me This Is the Last Tour’". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Greene, Andy (14 de xuño de 2012). "Q&A: Crazy Horse’s Frank ‘Poncho’ Sampedro on 37 Years With Neil Young". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  4. Michaels, Sean ((9 de agosto de 2012). "Neil Young cancels remainder of British and European tour dates". The Guardian (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

Ligazóns externas