Freetown

Modelo:Xeografía políticaFreetown
Vista nocturna
(2014)
Imaxe

Localización
 8°29′00″N 13°13′59″O / 8.4833, -13.2331Coordenadas: 8°29′00″N 13°13′59″O / 8.4833, -13.2331
EstadoSerra Leoa
Subdivisões da Serra Leoa (pt) TraducirWestern Area (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación951.000 (2014) Editar o valor em Wikidata (2.663,87 hab./km²)
Xeografía
Superficie357.000.000 m² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico e Sierra Leone River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude26 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorJohn Clarkson Editar o valor em Wikidata
Creación1792 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Organización política
• Xefe do gobernoYvonne Aki-Sawyerr (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoFreetown City Council (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

BNE: XX6131937

Freetown é a cidade maior e a capital de Serra Leoa, con 820.000 habitantes estimados (2006), localizada na zona occidental do país, sobre a denominada península de Freetown, na costa do océano Atlántico. Coas zonas suburbanas a poboación supera lixeiramente 1 000 000 habitantes.

Administrativamente Freetown é tamén capital da Área Occidiental e máis do Distrito Urbano da Área Occidental.

Historia

A zona foi orixinariamente un punto de intercambio do comercio de escravos. Os primeiros asentamentos na zona foron creados no ano 1787 cuns 400 escravos liberados polos británicos, na denominada campaña de Serra Leoa. Poucos anos despois os aentamentos foromn incendiados polo nativos.

En 1792 fundouse Freetown e foi acrecentada a súa poboación con ex-escravos provenientes de Nova Escocia, que sobreviviran ao saqueo francés do 1794, de aí o seu nome de "Cidade Libre", que é o que significa o inglés Freetown. Os habitantes rebeláronse en 1800, mais os británicos retomaron o control e encamiñaron as enerxías para o expansionismo que levou a posterior creación da Serra Leoa. Entre 1808 e 1874 a cidade tornouse na capital da África Occidental Británica. Expandiuse rapidamente mercé o asentamento de novas camadas de escravos libertados, aos que se uniron soldados africanos que combateran nos exércitos do Reino Unido durante as guerras napoleónicas. Ao longo da segunda guerra mundial os británicos mantiveron en Freetown unha base naval. Os crioulos descendentes dos antigos escravos liberados xogan un importante papel na cidade, aímda que constitúen hoxe unha minoría da poboación.

A cidade foi escenario de ásperos combates a fins dos anos 1990. No 1998 foi tomada polas tropas do ECOWAS ou Comunidade Económica dos Estados de África Occidental, que tentaron asediar o presidente Ahmad Tejan Kabbah, sendo posteriormente atacada, infrutuosamente, polos rebeldes da Fronte Revolucionaria Unida.

Xeografía

Freetown sitúase na punta noroeste da península homónima, entre o estuario do río Serra Leoa e o océano Atlántico. Esta situación orixinou algunhas da mellores praias, pola súa area fina, da África Occidental. Na parte sur da península e no estuario fluvial hai mangleiral e zonas pantanosas, favorecidos pola elevada pluviosidade da zona.

Clima

Como o resto da Serra Leoa, Freetown ten un clima tropical cunha soa estación chuviosa entre novembro e febreiro, que corresponde a clima de sabana; entanto os meses de maio a outubro, constitúen a estación seca. O comezo e o final da estación chuviosa está marcada por fortes tormentas.

Nos meses pluviosos, a cidade está so a influencia do Harmattan, un vento que sopra desde o Sáhara, e que favorece a cualificación destes meses como os máis frescos do ano.

As temperaturas oscilan entre 21 °C e 31 °C ao longo do ano, cunha media anual de 26,5 °C. As precipitacións anuais alcanzan os 5.000 mm, que converten a Freetown na cidade máis chuviosa da Terra. O grao de humidade ambiental media é de 85 %.

Economía

Moitas das maiores empresas do país e a maioría das estranxeiras localizan as súas sedes en Freetown. A actividade da cidade vira en torno ao seu excelente porto, cualificado como o terceiro mellor porto natural do mundo, capaz para recibir as maiores embarcacións e de manexar as principais exportacións de Serra Leoa. A diversidade industrial da cidade asenta en empresas de alimentos e bebidas, manufacturado de peixe, muiñaxe de arroz, refinado de petróleo, corte de diamantes, elaboración de tabacos, fábricas de vestimentas etc. Cidadáns de orixe libanesa xogan un importante papel no comercio local.

Para alén do porto marítimo, a cidade ten o Aeroporto Internacional de Lungi.

Lugares de interese cultural

Entre os principais edificios da cidade atopamos o Palacio de Xustiza , a Porta dos Escravos e a Escalinata dos Portugueses na igrexa de San Xoán (construída arredor do 1820), a catedral de San Xurxo de rito maronita (completada en 1828), a Mesquita de Foulah Town (edificada na década de 1930) e a catedral do Sagrado Corazón, de rito católico. No Museo de Serra Leoa está exposta a Pedra de Ruiter. O Museo do Ferrocarril, sito en Cline Town, ten exemplares de extraordinarias locomotoras.

A cidade é a sede da Universidade de Serra Leoa.

Véxase tamén