Freira gon-gon
Freira gon-gon | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Pterodroma feae' (Salvadori, 1899) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Pterodroma mollis feae |
A freira gon-gon[2] (Pterodroma feae) é unha especie de ave procelariforme da familia dos proceláridos (Procellariidae).[3] Está estreitamente relacionado coa freira da Madeira (P. madeira) e a freira das Desertas (P. deserta), outras dúas especies que recentemente se separaron de P. mollis.
Distribución e hábitat
É unha especie endémica de Macaronesia. Nidifica exclusivamente nos arquipélagos da Madeira e de Cabo Verde (Santiago, Fogo, Santo Antão, São Nicolau). No arquipélago da Madeira reprodúcese só en Bugio, unha das tres illas que compoñen As Desertas. A súa distribución semella que foi máis ampla no pasado, pois existen rexistros fósiles que indican a presenza en Deserta Grande, Madeira e no Illote de Cal (Porto Santo).
A especie fai os seus niños en dúas mesetas da illa Bugio, que se caracteriza pola existencia de solo profundo (superior a 1 m) e suave, polo que permite a escavación dos niños. Ademais, as aves tamén utilizan tobos abandonados de coellos, os buracos nas rocas e zonas de pedras soltas (o hábitat máis común en Cabo Verde). A distancia entre a entrada e a cámara do niño onde se depositan os ovos varía de niño a niño, e pode ser moi longo (máis de 2 m).
Notas
- ↑ BirdLife International (2012). "Pterodroma feae". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 16 de xullo de 2012.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "Petrel Gon-gon (Pterodroma feae) (Salvadori, 1899)". avibase. Consultado o 26 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- BirdLife Especies, Ficha técnica. (en inglés)