Fritz Strassmann
Fritz Strassmann | |
---|---|
Datos persoais | |
Nome completo | Friedrich Wilhelm Straßmann |
Nacemento | 22 de febreiro de 1902 |
Lugar | Boppard |
Falecemento | 22 de abril de 1980 e 1 de xaneiro de 1980 |
Lugar | Maguncia |
Nacionalidade | Alemaña |
Actividade | |
Campo | químico, profesor universitario, científico nuclear e membro da resistencia |
Alma máter | Universidade de Hanover |
Director de tese | Otto Hahn |
Premios | Prêmio Enrico Fermi e Justos entre as nações |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fritz Strassmann (Boppard, 22 de febreiro de 1902 - Maguncia, 22 de abril de 1980) foi un químico analítico alemán.
Traxectoria
Formouse na Escola Técnica Superior da cidade de Hannover e foi investigador do Instituto Kaiser Wilhelm entre os anos 1929 e 1945. Negouse a unirse ao Partido Nazi ou a calquera organización afín, e pasou a colaborar con Otto Hahn, con quen descubriu en 1938 que cando se bombardeaba con neutróns o núcleo dun átomo este fragmentábase en dous átomos máis pequenos. Este fenómeno, coñecido coma fisión nuclear, foi a base das primeiras bombas atómicas así coma dos reactores nucleares.
Levou a cabo tamén diversos estudos referidos ao grupo de elementos químicos coñecidos como transuránidos. En 1946 foi nomeado profesor de química inorgánica da Universidade de Maguncia e en 1953 director do departamento de química do Instituto Max Planck.