Fronte (meteoroloxía)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1e/Weather_fronts.svg/200px-Weather_fronts.svg.png)
1. fronte fría
2. fronte cálida
3. fronte ocluída
4. fronte estacionaria.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fronte.
Unha fronte é unha zona de contacto entre dúas masas de aire con diferentes características meteorolóxicas; normalmente implica distintas temperaturas.
As frontes asócianse con zonas de baixas presións ou con ciclóns e prodúcense cando unha masa de aire frío se pon en contacto con outra de aire cálido.
Tipos de frontes
Existen distintos tipos:
- Fronte semiestacionaria
- Fronte cálida
- Fronte estacionaria
- Fronte fría
- Fronte ocluída
- Fronte polar