Fronte Oriental (segunda guerra mundial)
Fronte Oriental (segunda guerra mundial) | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Segunda Guerra Mundial | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Potencias do Eixe Alemaña Romanía (até 1944) Hungría Italia (até 1943) Finlandia (até 1944) Reino de Bulgaria (até 1944) Estados fantoche do Eixe Croacia Eslovaquia |
Aliados da segunda guerra mundial Unión Soviética Polonia República Checa(dende 1943) Iugoslavia(dende 1944) Antigas potencias do Eixe ou cobelixerantes Romanía (dende 1944) Reino de Bulgaria (dende 1944) Só participación aérea Francia Ceibe (1943–45) | ||||||
Líderes | |||||||
Adolf Hitler (comandante en xefe) Ernst Busch Heinz Guderian Ewald von Kleist Günther von Kluge Georg von Küchler Wilhelm Ritter von Leeb Wilhelm List Erich von Manstein Walter Model Friedrich Paulus Gerd von Rundstedt Fedor von Bock Felix Steiner Ferdinand Schörner Erhard Raus Walther von Reichenau Helmuth Weidling Ion Antonescu Petre Dumitrescu Constantin Constantinescu-Claps Gheorghe Avramescu Radu Korne Ioan Dumitrache Mihail Lascăr Leonard Mociulschi Carl Gustaf Emil Mannerheim Karl Lennart Oesch Gusztáv Vitéz Jány Miklós Horthy Benito Mussolini Giovanni Messe Italo Gariboldi Vincenzo LaCorte di Leuca I Viktor Pavičić Marko Mesić Ferdinand Čatloš Augustín Malár |
Iosif Stalin (comandante en xefe) Gueorgui Zhukov Nikandr Chibisov Ivan Konev Vasily Chuikov Rodion Malinovsky Ivan Bagramyan Ivan Fedyuninsky Valerian Frolov Vasiliy Gordov Leonid Govorov Mikhail Kirponos Mikhail Khozin Fyodor Kuznetsov Ivan Maslennikov Kirill Meretskov Dmitry Pavlov Ivan Petrov Markian Popov Maxim Purkayev Pavel Rotmistrov Semyon Timoshenko Fyodor Tolbukhin Aleksandr Vasilevsky Nikolai Vatutin Kliment Voroshilov Andrei Yeremenko Matvei Zakharov Aleksei Antonov Konstantin Rokossovsky Nikolay Kuznetsov Vladimir Tributs Arseniy Golovko Filipp Oktyabrsky Pavel Zhigarev Alexander Novikov Heliodor Píka Ludvík Svoboda Josip Broz Tito Koča Popović Peko Dapčević Kosta Nađ Petar Drapšin Zygmunt Berling Karol Świerczewski Michał Rola-Żymierski Miguel I de Romanía Nicolae Rădescu Constantin Sănătescu Pierre Pouyade Winston Churchill Alfred Kessler | ||||||
Forzas en combate | |||||||
1941
1943
1945
|
1941
1943
1945
|
A Fronte Oriental da segunda guerra mundial foi o teatro de operacións do conflito entre as Potencias do Eixe e os estados aliados dende o 22 de xuño de 1941 até o 9 de maio de 1945. Tamén se coñeceu como a Gran Guerra Patriótica (en ruso Великая Отечественная Война, Velíkaya Otéchestvennaya Voyná) na antiga Unión Soviética e na Rusia moderna, mentres que en Alemaña chamouse Fronte Oriental (en alemán die Ostfront),[2] a Campaña Oriental (der Ostfeldzug) ou a Campaña rusa (der Rußlandfeldzug).[3]
As batallas na Fronte Oriental constituíronse como as maiores confrontacións militares da historia.[4] Caracterizáronse por unha ferocidade e destrución sen precedentes, deportacións masivas e unha inmensa perda de vidas debido aos combates, a fame, a exposición, as enfermidades e os masacres. A Fronte Oriental foi central no Holocausto, xa que acolleu a maioría dos campos de exterminio, as Marchas da morte, os guetos e os pogroms durante a Guerra. Da estimación de 70 millóns de mortes que se atribúen á segunda guerra mundial, arredor duns 30 millóns aconteceron na Fronte Oriental.
A Fronte Oriental foi decisiva na determinación do resultado da segunda guerra mundial, sendo a razón principal da derrota do Terceiro Reich, que comportou a partición de Alemaña durante case medio século e o alzamento da Unión Soviética como superpotencia militar e industrial. As dúas principais forzas belixerantes foron a Alemaña nazi e a Unión Soviética, xunto cos seus respectivo aliados.
Antecedentes
Alemaña e a Unión Soviética víanse como os dous grandes prexudicados da primeira guerra mundial. Os soviéticos perderan un territorio considerable na Europa oriental como resultado do tratado de Brest-Litovsk (marzo de 1918) ao cederen os bolxeviques o control, por mor das demandas alemás, sobre Polania, Lituania, Estonia, Letonia, Finlandia, e outras zonas ás potencias centrais. Logo, ao se render Alemaña aos aliados en novembro de 1918, eses territorios lograron a independencia baixo os termos da conferencia de paz de París de 1919, cando a Rusia Soviética estaba no medio dunha guerra civil e os non recoñecían o goberno soviético e, xa que logo, non houbo representación soviética.[5]
Adolf Hitler declarara a súa intención de invadir a Unión Soviética o 11 de agosto de 1939 a Carl Jacob Burckhardt, comisionado da Liga das Nacións[6]
O Pacto Molotov–Ribbentrop asinado en agosto de 1939 foi un acordo de non agresión entre Alemaña e a Unión Soviética e contiña un protocolo secreto para a volta de Europa Central ao status quo anterior á Gran Guerra, dividindo Polonia, Romanía e os estados bálticos en esferas de influencia alemá e soviética.[7] A Fronte Oriental tamén foi posible polo acordo xermano-soviético comercial e fronteirizo de 1941 que lle deu a Alemaña os recursos precisos para lanzar as operacións militares no leste de Europa.[8]
Notas
- ↑ Toomas Alatalu. Tuva: A State Reawakens. Soviet Studies, Vol. 44, No. 5 (1992), pp. 881–895.
- ↑ russlandfeldzug.de
- ↑ Balsi.de (ed.). "Der Rußlandfeldzug". Consultado o 12 de abril de 2015.
- ↑ "World War II: The Eastern Front". Consultado o 12 de abril de 2015.
- ↑ Donald Hankey (3 June 2015). The Supreme Control at the Paris Peace Conference 1919 (Routledge Revivals): A Commentary. Routledge. p. 50. ISBN 978-1-317-56756-1.
- ↑ Nagorski, Andrew (2007). The Greatest Battle: Stalin, Hitler, and the Desperate Struggle for Moscow That Changed the Course of World War II. Amazon: Simon & Schuster. ISBN 978-0-7432-8111-9.
- ↑ Timothy Snyder e Ray Brandon. Oxford University Press, ed. Stalin and Europe: Imitation and Domination, 1928-1953. p. páxina 94.
- ↑ Ericson, Edward (1999). Feeding the German Eagle: Soviet Military Aid to Nazi Germany, 1933–1941. Greenwood Publishing Group. pp. 34–35. ISBN 0-275-96337-3.
Véxase tamén
Bibliografía
- Axworthy, Mark . "Third Axis Fourth All". Arms and Armour 1995 ISBN ISBN 1-85409-267-7 (en inglés)
- Beevor, Antony. "Stalingrado; O Cerco Fatal" Ed. Record, 2008. ISBN 978-85-01-05805-8
- Erlikman, Vadim. "Poteri narodonaseleniia v XX veke: spravochnik". Moscova 2004. ISBN 5-93165-107-1 (en ruso)
- Glantz, David M. "Confronto de Titãs; Como o Exército Vermelho derrotou Hitler" C & R Editorial 2009. ISBN 978-85-99719-10-7
- Overmans, Rudiger. Deutsche militärische Verluste im Zweiten Weltkrieg. Oldenbourg 2000. ISBN 3-486-56531-1 (en alemán)
- Overy, Richard. "The Dictators: Hitler's Germany and Stalin's Russia". Penguin Adult, 2005. ISBN 0-7139-9309-X (en inglés)
- Suvorov, Viktor. "O Grande Culpado" Amarilys 2010. ISBN 978-85-204-2906-8