Fuchs (homónimos)

Fuchs é un apelido moi corrente en alemán, que significa 'raposo'. A súa pronuncia aproximada é fuks.

Personalidades

  • Ernst Fuchs (1851-1930), oftalmólogo austríaco que describiu a mancha de Fuchs.
  • Gottfried Fuchs (1889-1972), futbolista alemán.
  • Josef Fuchs, chamado Sepp Fuchs, nacido en 1948, ciclista suízo.
  • Klaus Fuchs (1911-1988), de nome completo Emil Julius Klaus Fuchs, físico alemán.
  • Immanuel Lazarus Fuchs (1833-1902), matemático alemán.
  • Leonhart Fuchs (1501-1566), botánico alemán.
  • Robert Fuchs (1847-1927), compositor austríaco.
  • Robert Fuchs (1895-1977), xeneral alemán da Luftwaffe durante a segunda guerra mundial.
  • Vivian Fuchs (Sir Ernest Vivian Fuchs, 1908-1999), xeólogo inglés e explorador do Antártico.

Plantas

Dada a importancia da obra de Leonhart Fuchs en botánica, varias plantas levan o seu nome na súa homenaxe

  • A orquídea de Fuchs é unha orquidiácea de Europa.
  • O senecio de Fuchs é unha planta herbácea da familia das asteráceas (Asteraceae) ou compostas (Compositae).
  • As fucsias son as plantas do xénero Fuchsia, moitas delas cultivadas como ornamentais.

Medicina

  • Mancha de Fuchs, termo de oftalmoloxía.