Fumador pasivo
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Un fumador pasivo é aquela persoa que aspira as substancias tóxicas e canceríxenas provenientes da combustión do tabaco e propagadas polo fume que desprende a mesma. Este consumo pasivo e perigoso para a saúde, tanto que as autoridades de diferentes países prohibiron o consumo do tabaco en lugares públicos.
Algúns dos efectos que produce estar exposto ao fume do tabaco poden ser cancro de pulmón, infeccións nas vías respiratorias e enfermidades cardíacas entre outras.
O fume do tabaco non só produce efectos nas persoas, tamén os produce nos animais. Como pode ser cancro de pulmón en cans e linfoma felino en gatos [Cómpre referencia].