Fundación Castelao
Fundación Castelao | |
---|---|
Tipo | Fundación de interese galego |
Data de fundación | 28 de decembro de 1984 |
Fundador(es) | Ramón Martínez López e Avelino Pousa Antelo |
Nomeado en referencia a | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao |
Presidente/a | Miguel Anxo Seixas Seoane (2022-) |
Premios | Premio Otero Pedrayo |
Sede | Santiago de Compostela |
Enderezo | Rúa do Hórreo, 37, 15701 |
País | Galicia |
Na rede | |
http://fundacioncastelao.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Fundación Castelao, unha fundación de carácter privado e declarada de interese galego, fundouse o 28 de decembro de 1984 por iniciativa de Ramón Martínez López e Avelino Pousa Antelo coa finalidade de estimular e favorecer a cultura galega e en especial nos campos nos que se distinguiu a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A fundación ten a súa sede na cidade de Santiago de Compostela e publica, baixo a coordinación de Henrique Monteagudo, os Cadernos Castelao.
O seu primeiro presidente foi Ramón Martínez López e Teresa Rodríguez Castelao, irmá de Daniel, foi a presidenta de honra ata a súa morte. Desde 2022 o presidente é Miguel Anxo Seixas Seoane.[1] Anteriormente ocuparon o cargo Carlos Mella e Avelino Pousa Antelo
Véxase tamén
Ligazóns externas
Previsualización de referencias
- ↑ "A Fundación Castelao". Fundación Castelao.