Gárgola (mitoloxía)
Unha gárgola é un ser imaxinario, representado xeralmente en pedra, que presenta características a moitas veces grotescas.
O termo orixinouse a partir do francés gargouille, de gargouiller, 'producir un ruído semellante ao dun líquido nun tubo', derivado do latín gargărīzo, e este do grego antigo γαργαρίζω gargarízo, 'facer gargarexos'. Isto débese a que adoito as gárgolas mitolóxicas asimílanse ás gárgolas arquitectónicas.
No pasado pensábase que as gárgolas eran os gardiáns das catedrais e que durante a noite cobraban vida.
As quimeras ou figuras grotescas son un tipo de esculturas semellantes ás gárgolas.
Historia
A orixe das gárgolas remóntase á Idade Media e relaciónase co auxe dos bestiarios e os tormentos do inferno. Certo é tamén que a imaxinación dos artistas medievais estaba influída por mitos aínda máis antigos. De feito, as primeiras gárgolas foron bautizadas co nome de 'grifóns', evidenciando así a súa raigame clásica. Porén, a iconografía gargólica non se limitaba á mera representación de grifóns, senón que plasmaba, ademais, a outros seres fabulosos que podían tomar a forma de animais, seres humanos ou unha mestura de ambos; pero sempre representados de maneira máis ou menos monstruosa.
As gárgolas cumprían basicamente a función de escorrentar a bruxas, demos e outros espíritos do mal, semellante á dos cans de Fu no extremo Oriente.
Véxase tamén
Bibliografía
- IC El Brocense (2003): Gárgolas de la provincia de Cáceres. Cáceres: Deputación Provincial de Cáceres.
- Calle Calle, Francisco (2008): Las gárgolas de la Catedral de San Antolín de Palencia.
- Janetta, Rebold Benton (1997): Saintes Terreurs: les gargouilles dans l'architecture médiévale. París: Éd. Abbeville ISBN 2-87946-126-X.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Gárgolas y grotescos de Santiago de Compostela Imaxes. Consultada o 17/12/2012.
- Cibermancia. Gárgolas Artigo sobre gárgolas. (en castelán) Consultada o 17/12/2012.