Gónada

Os ovarios son as gónadas femeninas.
Os testículos son as gónadas masculinas.

As gónadas (do grego antigo γονή goné = xeración, xerme), son os órganos reprodutores dos animais que producen gametos, ou células sexuais. (Os órganos equivalentes das plantas denomínanse gametanxios).

Nos vertebrados tamén exercen unha función hormonal, polo que tamén se denominan glándulas xenitais ou glándulas sexuais. As gónadas femininas denomínanse ovarios, e as masculinas denomínase testículos. Algúns animais hermafroditas presentan unha estrutura gonadal única que produce ambos os gametos, denominada ovotestes.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.