Gabriel Miró
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Gabriel Francisco Víctor Miró y Ferrer ![]() 28 de xullo de 1879 ![]() Alacant, España ![]() |
Morte | 27 de maio de 1930 ![]() Madrid, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena ![]() |
Educación | Universidade de Valencia Universidade de Granada ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, funcionario ![]() |
Movemento | Generation of 1914 (en) ![]() ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Gabriel Miró, nado en Alacant o 28 de xullo de 1879 e finado en Madrid o 27 de maio de 1930, foi un escritor valenciano.
Traxectoria
Naceu no seo dunha familia acomodada e entre 1887 e 1892 estudou cos xesuítas en Orihuela. Logo dunha estadía breve en Cidade Real rematou o bacharalato en Alacant (1896). Estudou dereito nas universidades de Valencia e Granada, licenciouse en 1900. Casou en 1901 con Clemencia Maignon, coa que tivo dúas fillas. Opositou a xuíz sen éxito e traballou en diversos empregos burocráticos. Aínda que publicara a súa primeira novela en 1902, La mujer de Ojeda, non foi ata 1908 cando consegue o seu primeiro recoñecemento con Nómada, que gañou o concurso do Cuento semanal e sobre todo con Las cerezas del cementerio (1910). En 1914 trasladouse a Barcelona, onde en 1915 publicou El abuelo del rey, en 1920 trasladouse a Madrid e alí apareceron Nuestro padre San Daniel (1921) e El obispo leproso (1926).
Bibliografía do autor
- La mujer de Ojeda, 1901.
- Hilván de escenas, 1903.
- Del vivir, 1904.
- La novela de un amigo, Alacant, 1908.
- Nómada, 1908.
- La palma rota, 1909.
- El hijo santo, novela curta, 1909.
- Amores de Antón Hernando, novela curta
- Las cerezas del cementerio
- La señora, los suyos y los otros, 1912, novela curta
- Del huerto provinciano, Barcelona, 1912, contos
- El abuelo del rey, Barcelona, 1915.
- Dentro del cercado, Barcelona, 1916.
- Figuras de la Pasión del Señor, 1916 e 1917.
- Libro de Sigüenza, 1917.
- El humo dormido, Madrid, 1919.
- El ángel, el molino y el caracol del faro, Madrid, 1921.
- Nuestro padre San Daniel, Madrid, 1921.
- Niño y grande, Madrid, 1922.
- El obispo leproso, Madrid, 1926.
- Años y leguas, Madrid, 1928.
- Obras completas, Madrid, 1931, editado polos "Amigos de Gabriel Miró". Tamén Biblioteca Nueva publicou as súas Obras completas, Madrid, 1942.
Véxase tamén
Bibliografía sobre o autor
- Guardiola Ortiz, José, Biografía íntima de Gabriel Miró. Alacant: Imprenta Guardiola, 1935.
- Ramos, Vicente, El mundo de Gabriel Miró. Madrid: Gredos, 1964.