Gabriela Sabatini

Gabriela Sabatini
Nome completoGabriela Beatriz Sabatini
Nacemento16 de maio de 1970
Lugar de nacementoBuenos Aires
NacionalidadeArxentina
Ocupacióntenista
PremiosInternational Tennis Hall of Fame, diamond Konex award, Illustrious Citizen of Buenos Aires e Philippe Chatrier Award
Na rede
IMDB: nm1658547 Instagram: sabatinigaby Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gabriela Beatriz Sabatini, nada en Buenos Aires o 16 de maio de 1970, é unha tenista profesional arxentina retirada, a máis destacada na historia dese deporte no país.

En 1990, Sabatini gañou o Aberto dos Estados Unidos en individual, converténdose na única tenista arxentina en logralo e dous WTA Tour Championships en 1988 e 1994. Foi tamén finalista nos torneos de Wimbledon de 1981 e no Aberto dos Estados Unidos de 1988, ano en que gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos.

En dobres, a súa actuación máis destacada foi o Campionato de Wimbledon de 1988 logrado xunto a Steffi Graf. En 2006 foi incorporada ao Salón da Fama do Tenis Internacional.[1]

Vida persoal

O 22 de maio de 2003, Sabatini puido obter a cidadanía italiana "ius sanguinis" porque o seu bisavó David Sabbatini naceu en Potenza Picena na rexión das Marcas e inmigrou á Arxentina a finais do século XIX.[2]

Dende a súa retirada do tenis aos 26 anos, Sabatini promocionou as súas liñas de perfumes e traballou con organizacións de axuda á infancia e ás persoas sen recursos.

Sabatini dixo que na súa mocidade perdeu partidos deliberadamente para evitar os xornalistas e os focos. Afirmouno cando tiña 43 anos, dicindo que a súa timidez era un problema grave, e pensaba que tería que falar despois de gañar un torneo, polo que adoitaba perder nas semifinais.[3][4][5]

Grand Slam

Individuais

Torneo 1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 SR W–L
Aberto de Australia A A NH A A SF 3R QF SF SF SF 1R 4R 0 / 8 29–8
Roland Garros A SF 4R SF SF 4R 4R SF SF QF 1R QF A 0 / 11 42–11
Wimbledon A 3R SF QF 4R 2R SF F SF QF 4R QF A 0 / 11 42–11
Aberto dos Estados Unidos 3R 1R 4R QF F SF W QF QF QF SF SF 3R 1 / 13 51–12
Vitorias–Derrotas 2–1 7–3 11–3 13–3 14–3 14–4 17–3 19–4 19–4 17–4 13–4 13–4 5–2 1 / 43 164–42
Clasificación a final de ano 74 12 9 6 4 3 5 3 3 5 7 7 NA

Dobres

Torneo 1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 SR
Aberto de Australia A A NH A A SF 2R 3R A A A 2R QF 0 / 5
Roland Garros A 1R F F SF F A SF A A 3R 3R A 0 / 8
Wimbledon A 2R A 3R W QF QF A A A 1R SF A 1 / 7
Aberto dos Estados Unidos A 1R SF SF SF SF 3R A A A SF 2R SF 0 / 9
Grand Slam SR 0 / 0 0 / 3 0 / 2 0 / 3 1 / 3 0 / 4 0 / 3 0 / 2 0 / 0 0 / 0 0 / 3 0 / 4 0 / 2 1 / 29
Clasificación a final de ano 128 54 9 5 3 19 29 55 NR NR 14 13 NR
  • SR = razón entre o número de torneos gañados e o número de torneos xogados

Notas

  1. "Gabriela Sabatini - International Tennis Hall of Fame". 
  2. Onofri, Paolo (3 de decembro de 2011). "Gabriela Sabatini, ex campionessa internazionale di tennis, cittadina onoraria di Potenza Picena ….. e non solo" (en italiano). I Santesi. Consultado o 1 de xuño de 2015. 
  3. "Gabriela Sabatini deliberately lost tennis matches to avoid reporters!". sports.ndtv. 19 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  4. "Sabatini lost matches on purpose to avoid reporters". sify. 19 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  5. "Sabatini lost matches to avoid reporters". timesofindia. Consultado o 27 de marzo de 2015.