Gaivota de bico fino
Gaivota de bico fino | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Imaxe dun adulto en Saloum Delta, Senegal | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Chroicocephalus genei (Brème, 1839) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Chroicocephalus genei |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fe/Chroicocephalus_genei_MHNT.ZOO.2010.11.122.14.jpg/220px-Chroicocephalus_genei_MHNT.ZOO.2010.11.122.14.jpg)
A gaivota de bico fino[1] (Chroicocephalus genei) é unha ave da familia dos láridos.
Características
Trátase dun lárido de pequeno ou medio tamaño, semellante a gaivota chorona[2]. A súa lonxitude non adoita superar os 40 cm e a envergadura non acostuma exceder os 100 cm.[3] O peteiro é negro avermellado e o iris branco. Os xuvenís presentan o peteiro e as patas cun ton amarelo. O corpo é branco coas excepcións das as agrisadas e a cola negra. O hábitat e costumes son moi similares ós da gaivota chorona, mais a súa poboación é moito máis reducida. A alimentación consiste en peixes, crustáceos e insectos. Que captura nadando ou voando, e empregando unha gran variedade de técnicas[2]. Non adoita empregar con frecuencia os descartes dos pescadores e téñense documentado actos de cleptoparasitismo sobre carráns e outras especies[4].
Reprodución
Aniña en deltas, marismas ou cursos fluviais. Aproveita zonas chás onde a vexetación herbácea se combina con lameiras, onde constrúe un refuxio onde emprazar o niño. Cría colonialmente, aceptando a presenza doutras gaivotas e aves limícolas[2]. Tense sinalado que este feito poderia ser un mecánismo de defensa contra a predación dos niños por parte doutras gaivotas, córvidos ou de mamíferos terrestres[5]. O niño constrúese con ramallos secos e plumas. Habitualmente as postas constan de dous ovos, sendo raros as postas de tres ou catro ovos[5]. Unha das características máis salientábeis desta especie, e que os polos, unha vez fóra do ovo agrúpanse xuntos. Esta característica non é común ó resto de especies de gaivotas, mais si a outras aves tales coma os flamengos[6].
Distribución
Distribúese por todo o Mediterráneo e en todos os seus mares conectados: coma o Mar Negro, o Mar Caspio ou o Golfo de Arabia. Cara ao norte chega ata a Siberia máis meridional, cara ao leste o seu límite sitúase na India occidental[5]. Tamén está presente en puntos illados de Mauritania e o Senegal[4]. Na área de distribución europea, concéntrase sobre todo en Rusia e Ucraína, ocupando puntos illados, e nunca mostrando poboacións moi grandes, na conca mediterránea[4]. En España só se atopa nas costas catalás, valencianas e na conca do Guadalquivir[3]. Mais só cría de maneira regular no Delta do Ebro e na conca do río Guadalquivir[2]. Outros puntos onde a cría ten sido confirmada en certos anos son o Parque natural das salinas de Santa Pola, a Lagoa de la Mata, a Lagoa de Torrevieja[7] e no Parque Natural da Albufera de Valencia[6]. No 2007 estimouse en España unha poboación de 1.220 parellas reprodutoras[6]. Dos cales a metade sitúase en Andalucía e o resto repartiríase entre Cataluña e Valencia[6].
Conservación
A gaivota picofina presenta grandes oscilacións na súa poboación mundial de ano en ano. Porén debido ó tamaño da poboación total e o amplo rango xeográfico polo que se estende non está considerada en perigo pola UICN[6]. A nivel europeo está catalogada dentro do Anexo I da Directiva 79/409/CEE relativa á conservación das aves silvestres e atópase dentro da categoría De Interese Especial[6]. En España considérase unha especie vulnerable[4] debido a varios motivos. Por un lado a súa reducida poboación e a súa alta dispersión dificultan a reprodución[4]. Por outro lado tamén se ve afectada pola degradación dos seus hábitats pola contaminación, a súa sensibilidade ás perturbacións e a súa vulnerabilidade á competencia doutras especies. Todos estes motivos explican a dificultade que atopa a especie para crear novas colonias estábeis[2].
Notas
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Robledano F., Calvo J.F., Hernández Gil V. Consejería de Industria y Medio Ambiente de la Comunida de Murcia, ed. Libro rojo de vertebrados de la Región de Murcia. pp. 164–165.
- ↑ 3,0 3,1 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 varios; A. Martínez, M. Máñez, D. Oro, L. García. "Gaviota Picofina, Larus genei" (PDF). Repositorio institucional del Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "La reproducción de la Gaviota picofina (Laurus Genei) en las marismas del Guadalquivir". Ardeola (32): 115–136. 1985.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Varios. SEO (Sociedad Española de Ornitología), ed. "Gaviotas cabecinegra, picofina, de Audouin y tridáctila, y gavión atlántico en España. Población en 2007" (PDF). Consultado o 7 de xuño de 2016.(en castelán)
- ↑ J. Ramos Sánchez e S. Arroyo Morcillo. http://ahsa.org.es/, ed. "Seguimiento de la Gaviota Picofina "Larus genei" en el Sur de Alicante por Voluntarios ambientales" (PDF). Consultado o 4 de xuño de 2016. (en castelán)