Gavi
Gavi | |
---|---|
Vista da illa | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Italia |
comuna | Ponza |
Provincia | Latina |
Arquipélago | Illas Ponziane |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | Coordenadas: 40°56′07″N 13°00′03″L / 40.93528, 13.00083 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 0,14 km² |
Longura máxima | 700 m |
Largura máxima | 350 m |
Punto máis alto | 101 m |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A Illa de Gavi é unha pequena illa incluída no arquipélago das Illas Ponziane (ou Pontiane) xunto con Ponza , Ventotene, Palmarola, Santo Estefano e Zannone. Situada a tan só a 120 metros de Ponza, ten unha lonxitude duns 700 metros e 350 de ancho , o punto máis alto é duns 101 metros sobre o nivel do mar.
A illa ten só dous accesos ao mar, a norte agora agora en desuso ao abrigo dos ventos e os mares dos cuadrantes II e III (Sueste, Sur e Oeste) e o sur, a principal que se utiliza actualmente protexida do vento e mares do I e IV cuadrante (Oeste, Noroeste e Norte). A illa de Gavi desde 1956 é propiedade privada, é forma parte do municipio de Ponza.
A illa Gavi non ten praias, só se presenta afloramentos rochosos ao longo da costa escarpada e unha cova chamada a cova de Gavi. Só hai animais típicos da illa, como o Lagarto di Gavi, que vive só na illa. Xunto con isto tamén hai ratos, coellos e escorpións. Gavi é unha sede habitual dos niños de gaivota e do Falcón peregrino.