George Bass

George Bass
Nacemento30 de xaneiro de 1771
Lugar de nacementoAswarby
Falecemento5 de febreiro de 1803
Lugar de falecementoat sea
NacionalidadeInglaterra, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña
Alma máterBoston Grammar School
Ocupaciónexplorador, cirurxián e médico de combate
Na rede
WikiTree: Bass-4081
editar datos en Wikidata ]

George Bass, nado en Aswarby o 30 de xaneiro de 1771 e finado despois do 5 de febreiro de 1803, foi un cirurxián naval e explorador británico.

Traxectoria

Naceu en Aswarby, preto de Sleaford (Lincolnshire). Estudou en Boston, Lincolnshire, obtivo o título de medicina en 1789 e en 1794 uniuse á Royal Navy como cirurxián. Chegou a Sidney no Reliance en febreiro de 1795 xunto a Matthew Flinders, eles dous coa compaña de William Martin exploraron a baía Botany, non lonxe de Sidney e tamén o río Georges. En 1796 exploraron Port Hacking.

En 1797 Bass chegou ao Cabo Howe, o punto máis afastado ao que se chegara no sueste de Australia, e seguiu ata aproximadamente o que hoxe é Melbourne. En 1798 descubriu o estreito entre Australia e Tasmania, que dende 1803 leva o seu nome (estreito de Bass).

Durante as súas viaxes, Bass recolleu especies de plantas que enviou a Joseph Banks e foi un dos primeiro en describir o uombat. Bass tamén foi o primeiro branco en chega á rexión de Kiama, da que escribiu numerosas notas sobre a súa complexidade botánica e o seu géyser mariño.

En 1799 volveu a Inglaterra e regresou de novo a Sidney en 1801, viaxou a Tahití en 1803 e non se oíu falar máis del.