Georges Perec

Infotaula de personaGeorges Perec

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1936 Editar o valor em Wikidata
19.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de marzo de 1982 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Ivry-sur-Seine, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCrematorio e columbario do Père-Lachaise Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Claude-Bernard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras, dirección de cine, film screenwriting (en) Traducir, poesía, crítica literaria e bibliotecoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnovelista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePaulette Perec
Cronoloxía
Funeral (Crematorio e columbario do Père-Lachaise) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0673007 Allocine: 2361 Allmovie: p227480
BNE: XX1057853 Discogs: 1518232 Find a Grave: 7661 Editar o valor em Wikidata

Georges Perec, nado en París o 7 de marzo de 1936 e finado en Ivry-sur-Seine o 3 de marzo de 1982, foi un escritor francés.

Novelista, poeta, ensaísta, guionista, dramaturgo e autor de obras misceláneas, é un dos autores principais da literatura francesa do século XX, membro do grupo OuLiPo e abandeirado da Nouveau roman. A súa obra estivo baseada na experimentación e en certas limitacións formais como forma de creación, incluíndo elementos matemáticos.

Traxectoria

Perec foi o único fillo de Icek Judko Peretz e Cyrla Szulewicz, obreiros xudeus que chegaran de Polonia. Na segunda guerra mundial, o seu pai foi voluntario no exército francés, e morreu na fronte en 1940. Ao ano seguinte foi enviado pola súa nai á zona libre de Villard-de-Lans nun tren da Cruz Vermella. O seu nome foi afrancesado a Perec e pasou a guerra coa súa familia paterna. A súa nai foi levada ao campo de Dranzy en xaneiro de 1943 e deportada a Auschwitz o 11 de febreiro dese mesmo ano. En 1945 Georges Perec foi adoptado polos seus tíos.

Perec comezou os estudos de socioloxía e historia na Sorbona, pero abandonounos. Nesa época publicou ensaios e recensións nas revistas literarias La Nouvelle Revue Française e Les Lettres Nouvelles.

Fixo o servizo militar en Pau entre 1958 e 1959 como paracaidista. En 1960 casou con Paulette Petras, e foron vivir un ano a Sfax (Tunisia), onde ela era profesora. En 1962 comezou a traballar como bibliotecario no departamento de Neurofisioloxía do Centro Nacional para a Investigación Científica, posto no que estivo até 1978.

En 1965 gañou o Premio Renaudot pola súa primeira novela, Les Choses. En 1967 ingresou no grupo OuLiPo («Ouvroir de Littérature potentielle»)[1], fundado en 1960 por Raymond Queneau e François Le Lionnais. Neste grupo, que buscaba explotar a literatura en base a métodos formais procedentes de áreas como as matemáticas, a lóxica ou o xadrez, Perec desenvolveu a súa paixón polos xogos de palabras, lipogramas, anagramas e puzles. É o autor do palíndromo máis longo escrito en francés, terminado en 1969 e conformado por máis de cinco mil caracteres[2]. Perec tamén fixo encrucillados para Le Piont.

Interesouse polo cinema, e a súa primeira película está baseada na súa novela Un homme qui dort. Codirixida por Bernard Queysanne, acadou o Premio Jean Vigo en 1974.

En 1978 publicouse a súa obra La Vie mode d'emploi, gañadora do Premio Médicis, cuxo éxito lle permitiu dedicarse desde entón plenamente á literatura. En 1981 permaneceu na Universidade de Queensland (Australia), onde traballou na súa obra 53 Jours. Morreu ao ano seguinte por mor dun cancro de pulmón.

Obra

Libros

  • Les choses. Une histoire des années soixante (1965), traducida ao galego por Gonzalo Navaza (As cousas. Unha historia dos anos sesenta, Edicións do Cumio, 1991).
  • Quel petit vélo à guidon chromé au fond de la cour? (1966)
  • Un homme qui dort (1967)
  • La disparition (1969). Novela de intriga, escrita en forma de lipograma, onde non aparece a letra E, a vogal máis frecuente en francés. As traducións desta obra respectan tamén semellante restrición, evitando a vogal máis frecuente de cada idioma meta.
  • Les revenentes (1972). Obra que actúa como contrapunto da anterior, pois só usa a vogal E.
  • La boutique obscure (1973)
  • Especes d'espaces (1974)
  • W ou le souvenir d'enfance (1975)
  • Tentative d'épuisement d'un lieu parisien (1975). Publicada inicialmente na revista Cause Commune e máis tarde por Christian Bourgeois en 1982. En outubro de 1974 Perec instalouse na praza de Saint-Sulpice de París. Durante tres días e en diferentes momentos da xornada tomou nota de todo o que vía.
  • Alphabets (1976). Neste libro non repite unha consoante antes de usar todas as demais do alfabeto.
  • La vie, mode d'emploi (1978)
  • Je me souviens (1978)
  • Un cabinet d'amateur (1979)
  • Théâtre I (1981)
  • Épithalames (1982)
  • Penser/Classer (1985)
  • Les Mots croisés II (1986)
  • 53 jours (1989)
  • L'Infra-ordinaire (1989)
  • Je suis né (1990)
  • Le voyage d'hiver (1993)
  • Beaux présents, Belles absentes (1994)
  • Jeux intéressants (1999)
  • Nouveaux jeux intéressants (1999)
  • Entretiens et conférences (2003)

Colaboracións

  • Petit traité invitant à l'art subtil du go (1969; con Pierre Lusson e Jacques Roubaud)
  • Oulipo, La littérature potentielle. Créations, recréations, récréations (1973)
  • L'Oeil ébloui (1981; con Cuchi White)
  • Oulipo, La Bibliotèque oulipienne (1981)
  • Presbytère et prolétaires. Le dossier PALF (1989; Marcel Bénabou)

Traducións

  • Les verts champs de mutarde de l'Afghanistan (de Harry Mathews; 1975)
  • Le naufrage du stade Odradek (de Harry Mathews; 1981)

Cinema

  • Un homme qui dort (1974; dirixida canda a Bernard Queysanne)
  • Guión de «L'oeil de l'autre», capítulo da serie de televisión Cinéma 16 (1977)
  • Les lieux d'une fugue (1978; curtametraxe para televisión)
  • Retour à la bien-aimée (1979; guionista)
  • Récits d'Ellis Island (180; guionista)

Notas

  1. OuLiPo, présentation par Marcel Bénabou et Jacques Roubaud (en francés).
  2. Le Grand Palindrome de Georges Perec Arquivado 05 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (1969).

Véxase tamén

Ligazóns externas