Georgii Zhukov

Georgii Zhukov
Nacemento19 de novembro de 1896 e 1 de decembro de 1896
Lugar de nacementoStrelkovka
Falecemento18 de xuño de 1974
Lugar de falecementoMoscova
CausaIctus
SoterradoNecrópole da muralla do Kremlin
NacionalidadeImperio Ruso e Unión Soviética
EtniaPobo ruso
Alma máterAcademia Militar M. V. Frunze
Ocupaciónmilitar e político
CónxuxeAlexandra Dievna Júkova e Galina Zhukova
FillosMargarita Zhukova
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Orde de Lenin, Medalha "Pela Vitória sobre o Japão", Medalla da vitoria sobre Alemaña na gran guerra patriótica 1941-1945, Orde do Estandarte Vermello, Cabaleiro gran cruz da Orde do Baño, Comandante en Xefe da Lexión do Mérito, Heroe da Unión Soviética, Orde da Revolución de Outubro, Orde da Vitoria, Orde da Vitoria, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde do Estandarte Vermello, Orde do Estandarte Vermello, Orde de Suvorov, primeira clase, Orde de Suvorov, primeira clase, Medalha do Jubileu "Em Comemoração ao 100.º Aniversário do Nascimento de Vladimir Ilitch Lenin", Medalha do Jubileu de XX anos do Exército Vermelho de Operários e Camponeses, Medal "For the Defence of Leningrad", Medalha "Pela Defesa de Moscou", Medal "For the Defence of Stalingrad", Medalha "Pela Defesa do Cáucaso", Medal "For the Capture of Berlin", Medalha "Pela Libertação de Varsóvia", Jubilee Medal "Twenty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Medal "In Commemoration of the 800th Anniversary of Moscow", Medal "In Commemoration of the 250th Anniversary of Leningrad", Medalha do Jubileu de 30 anos do Exército e Marinha Soviéticas, Jubilee Medal "40 Years of the Armed Forces of the USSR", Medalha do Jubileu de 50 anos das Forças Armadas da URSS, Ordem do Estandarte Vermelho (Mongólia), Cruz de São Jorge (Rússia), Ordem da República (Tuvá), Ordem do Estandarte Vermelho (Mongólia), Ordem Virtuti Militari, Orden da Cruz de Grunwald 1ª clase, Ordem do Leão Branco, Czechoslovak War Cross 1939–1945, Medal "For the Victory over Japan" of Mongolia, Medal for Warsaw 1939-1945, Medalha pelo Oder, Nysa e Báltico, Commander with Star of the Order of Polonia Restituta, Estrela Dourada, Heroe da Unión Soviética, Estrela Dourada, Heroe da Unión Soviética, Estrela Dourada, Heroe da Unión Soviética, Estrela Dourada, Lexionario da Lexión do Mérito, Herói da República Popular da Mongólia, Ordem de Sukhbaatar, Ordem de Sukhbaatar, Ordem de Sukhbaatar, Cross of St. George 3rd class, Cross of St. George 4th class, Grand Cross of the Order of Military Virtue, Grand Cross of the Order of the Bath, Commander of the Legion of Merit, Cruz de guerra 1939-1945, Garibaldi Medal, Ordem do Mérito (Egito), Sino-Soviet Friendship Medal e Jubilee Medal "30 years of the Victory in Khalkhin-Gol"
Na rede
IMDB: nm0955850 WikiTree: Жу́ков-1 Find a Grave: 6454524 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
O Mariscal da Unión Soviética Georgui Konstantínovich Zhúkov

Georgii Konstantínovich Zhúkov (en ruso: Гео́ргий Константи́нович Жу́ков), nado o 1 de decembro de 1896 e finado o 18 de xuño de 1974 foi un xeneral soviético e mariscal da Unión Soviética. Tamén foi Xefe do Estado Maior, Ministro de Defensa, e membro do Presidium do Partido Comunista (despois Politburó). Durante a segunda guerra mundial Zhúkov supervisou algunhas das vitorias máis decisivas do Exército Vermello.

Nado nunha familia pobre de labregos do centro de Rusia, Zhúkov foi recrutado polo Exército Imperial Ruso e loitou na primeira guerra mundial. Serviu no Exército Vermello durante a guerra civil rusa e gradualmente foi subindo de rango, chegando en 1939 a conseguir o mando dun grupo de exércitos e gañando unha decisiva batalla contra as forzas xaponesas en Khalkhin Gol, pola cal gañou o primeiro dos seus catro títulos de Heroe da Unión Soviética. En febreiro de 1941 Zhúkov foi nomeado xefe do Estado Maior do Exército Vermello.

Tras a invasión alemá da Unión Soviética, Zhúkov perdeu a súa posición como xefe do Estado Maior. Posteriormente organizou as defensas de Leningrado, Moscova e Stalingrado. Participou planeando varias grandes ofensivas, incluídas a batalla de Kurske a Operación Bagration. En 1945 Zhúkov comandou a 1º Fronte Belarusa; tomou parte na ofensiva Vístula-Oder e na batalla de Berlín, que resultou na derrota da Alemaña nazi e no final da guerra en Europa. En recoñecemento ao seu papel durante a guerra foi elixido para aceptar o Instrumento de rendición alemá e inspeccionar o desfile da vitoria en Moscova en 1945.

Tras a guerra o éxito e popularidade de Zhúkov causaron que Iosif Stalin o vise como unha potencial ameaza. Stalin quitouno das súas posicións e relegouno a mandos militares de pouca importancia estratéxica. Tras a morte de Stalin en 1953, Zhúkov apoiou a candidatura de Nikita Khrushchev para o liderado soviético. En 1955 foi nomeado Ministro de Defensa e foi integrado no Presidium. En 1957 perdeu novamente o favor e viuse obrigado a retirarse. Nunca volveu a ocupar unha posición relevante e morreu en 1974.

Traxectoria

Inicios

Fillo de labregos dunha familia de etnia rusa asolada pola pobreza en Strelkovka. O seu pai Konstantin, que quedara orfo aos dous anos e foi adoptado por Anuska Zhukova, era zapateiro e con once anos marchou para Moscova para traballar nunha fábrica de botas.[1] Casou por primeira vez en 1870 con Anna Ivanova e Anna Ivanova e o matrimonio tivo dous fillos, Grigori e Vassili (este último morreu antes de chegar aos dous anos). Anna Ivanova morreu de tuberculose en 1892 e ese mesmo ano casou con Ustienia Artémievna,[2] a nai de Zhúkov, que traballaba no agro. Dicíase que Zhúkov parecíase á súa nai e cría que herdara dela a súa forza física; supostamente, Ustienia era capaz de realizar tarefas esixentes como levar sacos de grans de 200 libras a grandes distancias.[3] Nunha época na que a maioría dos membros das clases traballadoras e pobres de Rusia completaban só dous anos de escolarización, Zhúkov completou o curso de educación primaria de tres anos na escola da súa cidade natal. Despois foi aprendiz de peleteiro en Moscova co irmán da súa nai Mikhail.[3]

Mentres traballaba para o seu tío, Zhúkov complementou a súa educación lendo co seu curmán Alexander sobre unha ampla gama de temas, como lingua rusa, lingua alemá, ciencia, xeografía e matemáticas. Ademais, matriculouse nunha escola nocturna onde completou cursos a medida que llo permitía o traballo na tendo do seu tío. Completou a súa aprendizaxe en 1914 e creou o seu propio negocio con tre empregados baixo o seu liderado.[3]

Primeira guerra mundial

En 1915, Zhúkov foi recrutado polo Exército Imperial Ruso e incorporado ao cuertel de Maloiaroslavets. Serviu no 10º Rexemento de Dragóns de Novgorod, e foi ferido en acción contra os alemáns en Khárkiv. Durante a primeira guerra mundial Zhúkov foi premiado coa Cruz de San Xurxo dúas veces, e foi ascendido ao rango de subofiacial pola súa valentía en batalla.

Ingresou na academia de oficiais de cabalería por méritos propios ao non ser aristócrata. Foi condecorado en varias ocasións na primeira guerra mundial. Participou como bolxevique na guerra civil rusa e foi condecorado por esmagar un levantamento labrego branco.

En 1938 dirixiu o exército soviético mongol que derrotou ás tropas xaponesas mediante a utilización pioneira de columnas móbiles blindadas.

Segunda guerra mundial

Tras o avance vitorioso do exército alemán na súa invasión de Rusia, se lle encomendou a defensa de Leningrado, que logrou resistir. Máis adiante Zúkhov foi o xeneral que conseguiu frear aos alemáns ás portas de Moscova e rexeitalos e un aos que se lle debe a decisiva vitoria de Stalingrado. O último intento alemán a grande escala foi neutralizado por Zhúkov na colosal batalla de Kursk. A partir de aí Zúkhov será o líder militar que conduciría aos exércitos soviéticos ata Berlín (Operación Bagration). Esta foi unha turrada militar colosal que causou aos exércitos do Eixo case medio millón de baixas. Wilhelm Keitel asinaría perante el a rendición de Alemaña.

Comandou o desfile da vitoria na Praza Roxa de Moscova, pero máis tarde Stalin destinaríao a postos secundarios. Con Nikita Khrushchev foi un fugaz Ministro de Defensa (1956).

Notas

  1. Zhukov 1991, p. 4
  2. Lopez & Otkhmezuri 2017, p. 26
  3. 3,0 3,1 3,2 Roberts, Geoffrey, 1952- (2012). Stalin's general : the life of Georgy Zhukov. London: Icon. ISBN 978-1-8483-1443-6. OCLC 793689868.