Gerald Wallace
Axente libre – No. 45 | |
Posición | Ala |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 23 de xullo de 1982 (41 anos) Sylacauga (Alabama) |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Childersburg (Childersburg, Alabama) |
Universidade | Alabama (2000–2001) |
NBA Draft | 2001 / Rolda: 1 / Elección: 25 Por Sacramento Kings |
Carreira | dende 2001 |
Historial de equipos | |
Sacramento Kings (2001–2004) Charlotte Bobcats (2004–2011) Portland Trail Blazers (2011–2012) New Jersey / Brooklyn Nets (2012–2013) Boston Celtics (2013–2015) | |
Premios e galardóns | |
1× NBA All-Star (2010) 1× Primeiro equipo defensivo (2010) | |
Información en nba.com |
Gerald Jermaine Wallace, nado o 23 de xullo de 1982 en Sylacauga, no condado de Talladega (Alabama), é un xogador profesional estadounidense de baloncesto actualmente axente libre.
Traxectoria
Wallace foi seleccionado na 25ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Sacramento Kings, e apenas xogou nas súas tres tempadas en Sacramento. En 2002 participou no concurso de mates do NBA All-Star Weekend, e rematou na segunda posición por detrás de Jason Richardson.
En 2004, Wallace foi seleccionado como parte do Draft de expansión de 2004 para os Charlotte Bobcats. En Charlotte chegou a ser elixido para o All-Star Game da NBA no ano 2010,[1] converténdose no único xogador da historia dos Bobcats en ser All-Star. Ó remate desa tempada, Wallace foi incluído no mellor equipo defensivo da liga.[2]
O 24 de febreiro de 2011, Wallace foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio de Joel Przybilla, Dante Cunningham, Sean Marks, e dúas futuras eleccións do Draft.[3]
O 15 de marzo de 2012, Wallace foi traspasado ós New Jersey Nets a cambio de Shawne Williams, Mehmet Okur e unha elección da primeira rolda do Draft de 2012.[4]
O 12 de xullo de 2013, Wallace foi traspasado ós Boston Celtics, nun gran traspaso que mandou a Paul Pierce, Kevin Garnett e Jason Terry ós Nets.[5]
Notas
- ↑ "Gerald Wallace All-Star profile". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2010. Consultado o 07 de marzo de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2010. Consultado o 07 de marzo de 2015.
- ↑ "Trail Blazers Acquire Gerald Wallace". Portland Trail Blazers. 24 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2011.
- ↑ Marc Stein. "Nets agree to acquire Gerald Wallace". ESPN. Consultado o 2012-03-15.
- ↑ "Celtics Complete Trade With Brooklyn Nets". NBA.com. 12 de xullo de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 17 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)