Geri Halliwell

Geri Halliwell
Nome completoGeraldine Estelle Halliwell
Nacemento6 de agosto de 1972
Lugar de nacementoWatford General Hospital
NacionalidadeReino Unido
Alma máterWatford Grammar School for Girls e The Camden School for Girls
Ocupaciónactriz, escritora, cantante, escritora de literatura infantil, modelo, actriz de cinema e letrista
CónxuxeChristian Horner
Na rede
http://gerihalliwell.com
IMDB: nm0001312 Allocine: 14079 Rottentomatoes: celebrity/geri_halliwell Allmovie: p242289 TCM: 348720 Metacritic: person/geri-halliwell TV.com: people/geri-halliwell
Facebook: gerihalliwell Twitter: GeriHalliwell Instagram: gerihalliwellhorner MySpace: halliwellgeri Youtube: UCIGasZ-qHHDunXlqbhZMhZg TikTok: gerihalliwellhorner Spotify: 5orH1OWgjAYUX8sZ5gihTv iTunes: 14662287 Last fm: Джери+Холлиуэлл Musicbrainz: 23207c32-6743-4982-9f46-e297b2e4eb14 Songkick: 264955 Discogs: 51163 Allmusic: mn0000658725 WikiTree: Halliwell-190 Deezer: 1812 Genius: Geri-halliwell Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Geraldine Estelle Halliwell, nada en Watford o 6 de agosto de 1972, é unha cantante inglesa de pop. Forma parte do grupo Spice Girls, que acadou un grande éxito mundial a mediados dos 90. Geri deixou a banda en 1998 e as Spice se disolveron en 2001, aínda que se reencontraron en 2007 para preparar unha xira mundial e un disco novo.

Biografía

Os primeiros anos

O seu pai, chamado Lawrence, era vendedor de coches. Geri fíxose unha tatuaxe dun xaguar nas costas como homenaxe ó seu pai falecido, que precisamente tiña un coche desta marca. A súa nai, Ana María, é española.

Unha rapaza picante

En 1994 apareceu un anuncio nun periódico. Buscábanse cinco rapazas para formar un grupo musical feminino. Geri foi elixida, xunto a Victoria, Melanie B, Melanie C, e outra moza chamada Michelle Stephenson. O grupo íase chamar "Touch". Porén, Stephenson abandonou o grupo para poder continuar cos seus estudos, sendo substituída por Emma Bunton.

As cinco rapazas pasaron malos momentos, xa que o contrato discográfico parecía que non ía aparecer nunca. Finalmente, en 1995, chegaron a un acordo cun home chamado Simon Fuller e asinaron un contrato coa discográfica Virgin.

O nome do grupo ocorréuselle a Geri durante unha sesión no ximnasio con Mel C. Chamaríanse Spice, pero ó ir facendo pequenos concertos a xente xa falaba delas como "as rapazas esas picantes", polo que lle engadiron o Girls. Naceran as rapazas picantes. O seu éxito axiña creceu.
Cada unha delas tiña un alcume:

  • Geri Halliwell era coñecida como Ginger Spice (polo cabelo vermello).
  • Melanie B, Scary Spice (a temible).
  • Victoria, Posh Spice (a elegante).
  • Emma, Baby Spice (polo seu aspecto de colexiala).
  • Melanie C, Sporty Spice (a deportista).

Así mesmo, estas cinco mozas puxeron de moda o lema feminista "Girl Power" (o poder das rapazas).

"Spice" foi o primeiro disco das Spice Girls. Os seus temas "Wannabe", "Say you'll be there" e "Two Become One", entre outros, acadaron as posicións máis altas das listas de éxitos de ducias de países. Despois, en 1997, chegou o seu segundo álbum, "Spice World", e incluso unha película co mesmo título. Porén, a mediados de 1998, tras semanas de incesantes rumores, Geri Halliwell, a líder non oficial do grupo, confirmou que deixaba as Spice Girls.

En solitario

Tras abandonar as Spice Girls, Geri cambiou radicalmente a súa imaxe. A súa melena vermella converteuse en loura e deixou de levar roupa provocadora e plataformas. A finais de 1998, sorprendeu a moita xente ó ser nomeada Embaixadora das Nacións Unidas para loitar contra o cancro de mama.

En 1999 saíu á venda o primeiro disco en solitario de Geri: "Schizophonic". Cancións como "Look at Me" (nº2), "Mi Chico Latino" (nº1) , "Lift Me Up" (nº1) ou "Bag it up" (nº1) tiveron grande éxito. O álbum vendeu 483.000 copias no Reino Unido, e máis de 3 millóns en todo o mundo.

"Scream if you wanna go faster" foi o segundo disco en solitario de Geri Halliwell, publicado en 2001. O sinxelo "It's raining men", incluído na banda sonora da película Bridget Jones's Diary, acadou o primeiro posto nas listas de éxitos durante dúas semanas consecutivas. Máis tarde saíron os sinxelos "Scream if you wanna go faster" e "Calling". Porén, o disco encontrouse cunha dura competencia e vendeu só 145.000 copias no Reino Unido e 1,7 millóns en todo o mundo.

En 2005 Geri publicou o seu último disco: "Passion", que contén os sinxelos "Ride it" e "Desire". Geri rompeu o contrato con EMI días antes da publicación do terceiro disco ó non estar contenta co trato que lle daban, cancelando a maioría de actos de promoción do disco.

En 2006 foi nai por primeira vez, dunha nena chamada Bluebell Madonna.

Actualmente encóntrase traballando en proxectos relacionados co cine, a literatura, a televisión, e preparando un proxecto coas Nacións Unidas, no que viaxará a Zambia a coñecer in situ hospitais da organización e a dar consellos a nais para evitar as mortes nos partos. A viaxe será gravada para un posible documental que sairía en televisión.

Geri anunciou en 2008 o seu comezo como escritora de contos infantís, baixo a serie Ugenia Lavanda, personaxe principal dos libros, que incluirán un tema novo gravado en exclusiva para os contos e os contos en formato son con Geri narrando e poñendo voz ós personaxes.

O 28 de xuño de 2007 a cantante británica anunciou o esperado reencontro coas Spice Girls, acordando unha xira de 11 concertos a través do mundo. Dita xira comeza en decembro pasando por cidades como Os Ánxeles, Nova York, Las Vegas e Madrid, e concluíndo en xaneiro en cidades como Londres, Toquio ou Buenos Aires. O grupo lanzará un disco de éxitos e un documental onde se narrará a historia das Spice Girls.

Discografía

Coas Spice Girls

Spice

  1. "Wannabe"
  2. "Say You'll Be There"
  3. "2 become 1"
  4. "Love Thing"
  5. "Last Time lover"
  6. "Mama"
  7. "Who Do You Think You Are"
  8. "Something Kinda Funny"
  9. "Naked"
  10. "If U Can't Dance"

Spiceworld

  1. "Spice Up Your Life"
  2. "Stop"
  3. "Too Much"
  4. "Saturday Night Divas"
  5. "Never Give Up On The Good Times"
  6. "Move Over"
  7. "Do It"
  8. "Denying"
  9. "Viva Forever"
  10. "The Lady Is A Vamp"

En solitario

Schizophonic (Emi Music, 3 000 000 discos vendidos)

  1. "Look At Me"
  2. "Lift Me Up"
  3. "Walkaway"
  4. "Mi Chico Latino"
  5. "Goodnight Kiss"
  6. "Bag It Up"
  7. "Sometime"
  8. "Let Me Love You"
  9. "Someone's Watching Over Me"
  10. "You're In A Bubble"

Scream if you wanna go faster (Emi Music, 1 300 000 discos vendidos)

  1. "Scream If You Wanna Go Faster"
  2. "Shake Your Bootie Cutie"
  3. "Calling"
  4. "Feels Like Sex"
  5. "Circles Round The Moon"
  6. "Love Is The Only Light"
  7. "Strength Of A Woman"
  8. "Don't Call Me Baby"
  9. "Lovey Dovey Stuff"
  10. "It's Raining Men"
  11. "Heaven And Hell (Being Geri Halliwell)"
  12. "I Was Made That Way"

Passion (Emi Music, 250.000 discos vendidos)

  1. "Passion"
  2. "Desire"
  3. "Love Never Loved Me"
  4. "Feel The Fear"
  5. "Superstar"
  6. "Surrender Your Groove"
  7. "Ride It"
  8. "There's Always Tomorrow"
  9. "Let Me Love You More"
  10. "Don't Get Any Better"
  11. "Loving Me Back To Life"
  12. "So I Give Up On Love"

Sinxelos

Schizophonic

  1. "Look at me "
  2. "Mi chico latino"
  3. "Lift me up"
  4. "Bag it up"

Scream if you wanna go faster

  1. "It's raining man"
  2. "Scream if you wanna go faster"
  3. "Calling"

Passion

  1. "Ride It"
  2. "Desire"

Véxase tamén

Ligazóns externas