Gertrud (filme)
Gertrud | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gertrud |
Director | Carl Theodor Dreyer |
Produtor | Jørgen Nielsen |
Guión | Carl Theodor Dreyer |
Baseado en | Obra de Hjalmar Söderberg |
Intérpretes | Nina Pens Rode Bendt Rothe Ebbe Rode Baard Owe Axel Strøbye |
Música | Jørgen Jersild |
Fotografía | Henning Bendtsen |
Montaxe | Edith Schlüssel |
Estudio | Palladium |
Distribuidora | Film-Centralen-Palladium |
Estrea | Francia: 19 de decembro de 1964![]() |
Duración | 116 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Gertrud é un filme dinamarqués de 1964 dirixido por Carl Theodor Dreyer. Baséase na novela homónima de 1906 escrita por Hjalmar Söderberg. O papel de Gertrud Kanning é interpretado por Nina Pens Rode, xunto con Bendt Rothe como o seu marido, Gustav Kanning, e Baard Owe como o seu amante, Erland Jansson.
Gertrud foi o último filme de Dreyer. Destaca polas súas moitas tomas longas, unha delas de case dez minutos con Gertrud e o seu ex amante, Gabriel, falando sobre os seus pasados. O filme estreouse con críticas diversas, mais agora está considerado unha das obras mestras de Dreyer. Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 38ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Sinopse
Gertrud, que chegou a ser unha famosa cantante, decídese a abandonar o seu marido e marchar co seu amante. O día seguinte descobre que este a traizoou e iso impide que lle poida entregar un amor absoluto, polo que a muller abandona os dous e comeza unha vida en solitario, reflexionando sobre como o compromiso do amor é unha simple convención que non vai alén de tentar un límite que moitas veces non significa nada.
Personaxes
- Nina Pens Rode como Gertrud
- Bendt Rothe como Gustav Kanning
- Ebbe Rode como Gabriel Lidman
- Baard Owe como Erland Jansson
- Axel Strøbye como Axel Nygren
- Vera Gebuhr como ama de chave de Kanning
- Lars Knutzon como estudante
Notas
- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Véxase tamén
Outros artigos
- Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 38ª edición dos Óscar
Bibliografía
- Bordwell, David (1981). University of California Press, ed. The Films of Carl Theodor Dreyer. Berkeley e Os Ánxeles. p. 226. ISBN 0-520-03987-4.
Ligazóns externas
- Gertrud na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)