Giacinto Facchetti

Giacinto Facchetti
Sello de Ajman adicado a Giacinto Facchetti
Información persoal
Nome Giacinto Facchetti
Nacemento 18 de xullo de 1942 (81 anos)
Lugar de nacemento Treviglio
Falecemento 4 de setembro de 2006
Lugar de falecemento Milán
Altura 1.88 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1956-1960 CS Trevigliese
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1960-1978 Internazionale 475 (59)
Selección nacional
1963–1977 Selección de fútbol de Italia 94 (3)
Na rede
http://giacintofacchetti.org/
IMDB: nm1705043 Discogs: 4804302 FIFA: 28754 UEFA: 36629 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Giacinto Facchetti, nado o 18 de xullo de 1942 en Treviglio e finado o 4 de setembro de 2006 en Milán, foi un futbolista italiano que xogaba na demarcación de defensa. Foi campión da Eurocopa de Fútbol de Italia 1968.

Traxectoria

Comezou a xogar no equipo da súa cidade natal, o CS Trevigliese. No ano 1960 fichou polo Inter de Milán da man do técnico arxentino Helenio Herrera, no que desenvolvería o resto da súa carreira futbolística e converténdose nun dos mellores laterais da súa época. Entre os títulos conseguidos co equipo de Milán destacan as dúas Copas de Europa consecutivas (1964 e 1965). Na súa honra o equipo retirou o dorsal número 3.

Coa selección

Debutou coa Selección de fútbol de Italia no ano 1963, disputando un total de 94 encontros e sendo capitán en 70 deles. Na súa traxectoria disputou os Mundiais de fútbol de Inglaterra 1966, México 1970 e Alemaña Federal 1974. Tamén formou parte da selección que se proclamou campioa da Eurocopa de Fútbol Italia 1968.

Trala súa retirada en 1978 exerceu diversos cargos no Inter, dende director técnico ata vicepresidente, finalmente foi escollido presidente do club no ano 2004.

Palmarés

Títulos nacionais

Título Club País Ano
Serie A Inter de Milan Italia Italia 1962/63
Serie A Inter de Milan Italia Italia 1964/65
Serie A Inter de Milan Italia Italia 1965/66
Serie A Inter de Milan Italia Italia 1970/71
Copa de Italia Inter de Milan Italia Italia 1977/78

Títulos internacionais

Título Club País Ano
Copa de Europa Inter de Milan Italia Italia 1963/64
Copa Intercontinental Inter de Milan Italia Italia 1964
Copa de Europa Inter de Milan Italia Italia 1964/65
Copa Intercontinental Inter de Milan Italia Italia 1965

Coa selección de fútbol

Título Club País Ano
Eurocopa de Fútbol Selección de fútbol de Italia Italia Italia 1968

Véxase tamén

Ligazóns externas