Giulianova

Giulianova

Giulianova é unha vila costeira e comuna italiana de 23.256 habitantes, na provincia de Teramo.

Xeografía

Praia de Giulianova

A vila esténdese no norte da rexión de Abruzos, entre os ríos Salinello e Tordino. Giulianova concíbese como a escisión entre a Paese, a vila histórica no alto dos outeiros, e o lido, a máis recente desenvolvida abaixo, na praia.

O turismo xoga un gran papel en Giulianova. A vila, caracterizada por ter varias praias, convértese no verán en refuxio de cidadáns de grandes cidades como Roma ou Milán, así como de turistas alemáns e franceses.

Historia

En tempos pre-romanos, a tribo dos Praetutii tiñan un asentamento chamado Castrum Novum nas proximidades de Giulianova. Na Idade Media a poboación de Castrum Novum, daquela chamado Castrum divi Flaviani, foi trasladada á nova vila de Giulia, situada nos outeiros, fundada polo nobre local Giulio Antonio Acquaviva.

Véxase tamén

Ligazóns externas