Gladys West
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Gladys Mae Brownies ![]() 27 de outubro de 1930 ![]() Sutherland, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Educación | Virginia State University (en) ![]() Universidade de Oklahoma (pt) ![]() Instituto Politécnico e Universidade Estadual da Virgínia (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | matemática, agrimensora ![]() |
Empregador | Naval Surface Warfare Center Dahlgren Division (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
![]() |
Gladys Mae West (tamén coñecida como Gladys West, ou o seu nome de nacemento Gladys Mae Brown) nada en Dinwiddie o 1 de xuño de 1931, é unha matemática estadounidense recoñecida polas súas contribucións á matemática que fundamentan os Sistemas de Posicionamento Global, máis coñecidos polas súas siglas en inglés GPS (Global Positioning System).
Traxectoria
Primeiros anos e adolescencia
West naceu no Condado de Dinwiddie, Virxinia, no seo dunha familia de agricultores que traballaban a terra en Aparcería. Grazas á obtención dunha bolsa por ser a mellor da súa clase en secundaria, estudou matemáticas na Universidade Estatal de Virxinia. Despois de graduarse dedicouse ao ensino ao redor de dous anos.
Carreira
En 1956 Westt empezou a traballar na división de Dahlgren do Centro para a Guerra de Superficie Naval, onde foi a segunda muller negra contratada na historia do Centro. West empezou a recompilar datos de satélites, para finalmente utilizalos no desenvolvemento do Sistema de Posicionamento Global[1]. O seu supervisor Ralph Neiman recomendouna como directora do proxecto de altimetría do radar de Seasat, o primeiro satélite que podía detectar remotamente océanos.[2][3] En 1979, Neiman recomendou a West para unha mención.[4] West foi programadora na División de Dahlgren para ordenadores a grande escala e directora do proxecto para sistemas de procesamento de datos utilizado na análise de datos de satélites.[5]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/79/Data_processing_for_GeoSat.png/220px-Data_processing_for_GeoSat.png)
En 1986, West publicou "Data Processing System Specifications for the Geosat Satellite Radar Altimeter", unha guía ilustrada de 60 páxinas. A guía do Centro de Armas de Superficie Naval (NSWC) foi publicada para explicar como aumentar a exactitude da estimación de "alturas de xeoide e reflexión vertical", temas de xeodesia de satélites. Isto conseguiuse mediante o procesamento de datos creado dende a radio altimeter sobre o satélite Geosat, que entrou en órbita o 12 de marzo de 1984.[6] Ela traballou en Dahlgren durante 42 anos, retirándose en 1998.[7] As súas contribucións ao GPS foron só descubertas cando un membro da irmandade de West, Alfa Kappa Alfa, leu unha biografía curta que West enviara para unha función.[8]
Vida persoal
Coñeceu ao seu marido Ira West na base naval e casaron en 1957.[9] En febreiro de 2018, cando West vivía no Condado King George, Virxinia, completou un doutoramento, vía un programa de aprendizaxe a distancia, con Virxinia Tech.[10]
Notas
- ↑ "Gladys West's work on GPS 'would impact the world'". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2018. Consultado o 9 de febreiro de 2018.
- ↑ "Seasat". Consultado o 9 de febreiro de 2018.
- ↑ "NASA - NSSDCA - Spacecraft - Details". Consultado o 9 de febreiro de 2018.
- ↑ "Celebrate Black History Month: When you use your GPS, remember Gladys West | The Atlanta Voice". 7 de febreiro de 2018. Consultado o 9 de febreiro de 2018.
- ↑ "Forum to Recount Impact of the War Years on Dahlgren and Region". 11 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2021. Consultado o 9 de febreiro de 2018.
- ↑ "Data Processing System Specifications for the Geosat Satellite Radar Altimeter" (PDF). Naval Surface Weapons Center. 1986. Consultado o 11 de febreiro de 2022.
- ↑ Dyson | AP, Cathy (1 de febreiro de 2018). "Gladys West's work on GPS 'would impact the world'" (en inglés). ISSN 0190-8286. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2018. Consultado o 4 de maio de 2021.
- ↑ Cathy Dyson (19 de xaneiro de 2018). "Gladys West's work on GPS 'would impact the world'". Consultado o 9 de febreiro de 2018.
- ↑ "Sppt 061915". Consultado o 9 de febreiro de 2018.
- ↑ "Meet Gladys West: One Of The 'Hidden Figures' Behind The Creation Of The GPS System". Consultado o 9 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Gladys West, la matemática que ayudó a crear el sistema GPS que hoy nos guía no blog Mujeres con Ciencia.