Gleb Uspenskii

Infotaula de personaGleb Uspenskii

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1843 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Tula Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 1902 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (58 anos)
San Petersburgo (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLiteratorskie mostki
cemiterio Volkovo Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista , escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoSketch story (en) Traducir e novela curta Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioБ—н
Гл. У.
Г....в
Г—ский
Ив.
Гусев
И—в
Г. У.
…въ
М.
Г. И.
Братья Гипподромовы
Г.
Брызгин
Иванов Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAlexander Uspensky (pt) Traducir, Boris Uspensky (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParentesNikolai Uspensky (en) Traducir (curmán entregue)
Q112987758 Traducir (son's daughter (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm7594126 BNE: XX5040802 Find a Grave: 29186937 Editar o valor en Wikidata

Gleb Ivanovich Uspenskii (en ruso: Глеб Иванович Успенский) nado en Tula o 25 de outubro de 1843 e finado en San Petersburgo o 6 de abril de 1902, foi un escritor e periodista ruso.

Traxectoria

Infancia

Uspenskii naceu na cidade de Tula, onde o seu pai era un oficial do goberno. Asistiu aos ximnasios de Tula e Chernígov, dedicando gran parte do seu tempo á lectura dos clásicos rusos. Estudou na Universidade de San Petersburgo durante un curto período de tempo en 1861, ata que esta foi temporalmente pechada por disturbios estudantís. Entón, mudouse á Universidade de Moscova, pero en 1863 foi forzado a abandonala sen graduarse, debido á falta de diñeiro. A morte do seu pai en 1864 deixouno coa responsabilidade adicional de coidar da súa familia.

Profesión

Os primeiros traballos de Uspenskii publicáronse en 1862, no xornal de Lev Tolstoi Yasnaya Poliana, e no xornal Spectator. Entre 1864 e 1865 contribuíu no xornal Ruskoe Slovo (A Palabra Rusa), e entre 1865 e 1866, no Sovremennik (O Contemporáneo). En 1866 publicou unha serie de debuxos sobre o campesiñado, baixo o título de As Costumes da Rúa Rastaraev, que lle valeu certa reputación. En 1868 se converteuse nun dos principais colaboradores da popular revista Notas da Patria, traballando con Nikolai Nekrasov e Mikhaíl Saltykov-Shchedrín.

Na década dos setenta, coa mellora das súas finanzas, viaxou considerablemente, entablando relacións cou gran número de revolucionarios populistas, tales como Piotr Lavrov e Stepniak. Publicou as súas observacións do estranxeiro nun número de traballos, incluíndo Cartas de Serbia.

Ao longo dos anos setenta e oitenta continuou escribindo acerca da vida e as condicións de traballo dos campesiños rusos. A súa obra máis coñecida, O Poder da Terra, baseada nos seus estudos da vida en Nizhnii Novgorod, publicouse en 1882.

Morte

Comezou a sufrir unha enfermidade mental a mediados de 1890, e morreu nun asilo de San Petersburgo en 1902.

Legado

Os traballos de Uspenskii tiveron unha considerable influencia, e foron eloxiados por moitos escritores contemporáneos, incluíndo a Lev Tolstoi, Anton Chejov e Maxim Gorki.