Gordiano I

Gordiano I
Nacemento159
Lugar de nacementoFrixia
Falecemento238
Lugar de falecementoRoman Carthage
Causaenforcamento
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónmilitar
PaiMaecius Marullus
NaiUlpia Gordiana
CónxuxeFabia Orestilla
FillosGordiano II e Antónia Gordiana
editar datos en Wikidata ]

Marcus Antonius Gordianus Africanus, nado cara o 159 e finado o 12 de abril do 238, foi un emperador romano, proviña dunha coñecida familia romana, era fillo de Metius Marulus e Ulpia Gordiana, xa sendo moi novo tivo cargos de responsabilidade onde destacou pola súa virtude e moderación.

Traxectoria

Sendo emperador Caracalla, no ano 213 noméano por vez primeira cónsul e no 229, baixo Alexandre Severo, é nomeado por segunda vez. Este emperador enviou a Gordiano a África en calidade de procónsul onde conseguiu ser moi popular, gañando o afecto e o respecto dos cidadáns. Casou con Fabia Orestilla coa quen tivo un fillo (nado no 192) tamén chamado Gordiano.

Busto de Gordiano I nunha moeda da súa época (sestercio)

No 238, chega a África o recadador de impostos enviado polo emperador Maximino, quen exasperou a poboación coas súas exaccións e métodos e que asasinaron mozos da nobreza. Os cidadáns, decididos a burlar as seguras represalias do tiránico emperador tracio Maximino, instaron a Gordiano para que se fixese cargo do trono imperial, xunto co seu fillo. Esta sublevación foi ben vista polo pobo de Roma, que detestaba o feroz e tiránico réxime imposto por Maximino. O Senado recoñeceu a Gordiano e o seu fillo, e nomeounos augustus destituíndo a Maximino.

Unha das primeiras medidas que tomaron foi desposuír dos seus cargos aos partidarios do emperador, entre eles a Capeliano, gobernador da provincia de Mauritania. Este non aceptou esta destitución, e marchou sobre Cartago cun forte exército. No transcurso da loita ás portas da cidade, morre Gordiano II, o fillo. Ao saber o pai da morte, desesperado, suicídase. O goberno conxunto de pai e fillo só durara 45 días.

Pouco despois, morre asasinado Maximino polas súas tropas, Balbino e Pupieno morren a mans dos pretorianos en Roma e chega ao poder o neto de Gordiano baixo o nome de Gordiano III.

Imperio Romano

Segue a:
Maximino Tracio
Gordiano I
(238-238)

Precede a:
Gordiano III