Gran Leste

Gran Leste (en francés: Grand Est[1], en alemán: Großer Osten) é unha rexión francesa. Creada a partir da reforma territorial de 2014 coa fusión de Alsacia, Champaña-Ardenas e Lorena, a nova rexión entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2016, tralas eleccións rexionais de decembro de 2015.[2] O Consello de Estado de Francia aprobou Gran Leste como novo nome da rexión no día 28 de setembro de 2016.[3]

A rexión abarca unha área de 57 433 km2 e conta cunha poboación de 5 552 388 habitantes. A súa capital administrativa é Estrasburgo.

Notas

  1. Regional council votes for "Hauts-de-France", La Voix du Nord, 14 de marzo de 2016
  2. "La carte à 13 régions définitivement adoptée". Le Monde (en French). Agence France-Presse. 17 de decembro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  3. Modelo:Cite French decree

Véxase tamén

Ligazóns externas