Gran Premio de España de 1976
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 4 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976. | ||
Trazado do circuíto do Jarama. | ||
Data | 2 de maio 1976 | |
Nome oficial | XXI Gran Premio de España | |
Localización | Circuíto do Jarama, Madrid, España | |
Percorrido | Circuíto permanente 3´404 km | |
Distancia | 75 voltas, 255´3 km | |
Clima | Asollado | |
Pole position | ||
Piloto | James Hunt | McLaren-Ford |
Tempo | 1:18.52[1] | |
Volta rápida | ||
Piloto | Jochen Mass | McLaren-Ford |
Tempo | 1:20.93 na volta 52[2] | |
Podio | ||
Primeiro | James Hunt | McLaren-Ford |
Segundo | Niki Lauda | Ferrari |
Terceiro | Gunnar Nilsson | Lotus-Ford |
O Gran Premio de España de 1976 (oficialmente o XXII Gran Premio de España) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto do Jarama en Madrid, España o 2 de maio de 1976. A carreira foi a cuarta rolda da tempada 1976 de Fórmula Un. A carreira foi o 22º Gran Premio de España e o sexto, que se celebrou no Jarama. A carreira levouse a cabo sobre 75 voltas ao circuíto de 3´404 quilómetros nunha distancia total de carreira de 255 quilómetros.
Inicialmente, foi declarado gañador o piloto austríaco de Ferrari Niki Lauda pilotando o Ferrari 312T2 agrandando a súa vantaxe no Campionato de Pilotos a 23 puntos, despois de que o primeiro en cruzar a liña de meta James Hunt no seu McLaren M23 fora descualificado nun exame posterior á carreira. O piloto sueco Gunnar Nilsson logrou co seu Lotus 77 o segundo lugar e Carlos Reutemann rematou terceiro no seu Brabham BT44B.
McLaren apelou a descualificación e en xullo estimouse o recurso e Hunt foi recoñecido como o lexítimo gañador do Gran Premio de España.[3]
Informe
Ao comezar a tempada europea, presentaronse os novos vehículos coa aplicación das novas normas para 1976 logo da permisividade durante as tres primeiras carreiras. Había un gran tema de conversación, o equipo Tyrrell presentou o novo P34 de seis rodas para Patrick Depailler. Depailler estaba en ritmo e clasificou terceiro, detrás de Hunt e Lauda. Lauda, pilotou coas costelas rotas logo dun accidente conducindo un tractor, unha vez máis derrotou á Hunt na liña de saída e liderou o primeiro terzo da carreira. Depailler, logo dun comezo lento, estaba correndo cuarto detrás de Mass, cando fixo un trompo e chocou a causa de problemas cos freos. Xusto antes de metade de carreira, os McLaren de Hunt e Mass atoparon outra marcha e pasaron a Lauda, pero cara ao final da carreira, Mass tivo que retirarse por un fallo no motor. Hunt logrou a súa primeira vitoria da tempada, con Lauda segundo e de Gunnar Nilsson co Lotus terceiro.
Logo da carreira, os comisarios técnicos examinaron a maior parte dos coches e Hunt foi descualificado porque consideraron que o seu McLaren era demasiado largo e Lauda foi declarado gañador. Unha das novas regras para 1976 dicía que o largo dun coche de Fórmula Un podería ser máis largo que o da tempada 1975, debido aos novos tamaños dos pneumáticos máis pequenos. McLaren apelou sobre a base de que a medición do coche fíxose cando os pneumáticos estaban aínda quentes logo da carreira e a medición valida debía ser cos pneumáticos fríos.
Dous meses logo da carreira, a apelación de McLaren foi un éxito e Hunt foi recoñecido como o gañador do Gran Premio español.
Clasificación
Pos | Nº | Pais | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 11 | James Hunt | McLaren-Ford | 75 | 1:42:20.43 | 1 | 9 | |
2 | 1 | Niki Lauda | Ferrari | 75 | + 30´97 | 2 | 6 | |
3 | 6 | Gunnar Nilsson | Lotus-Ford | 75 | + 48´02 | 7 | 4 | |
4 | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Alfa Romeo | 74 | + 1 volta | 12 | 3 | |
5 | 22 | Chris Amon | Ensign-Ford | 74 | + 1 volta | 10 | 2 | |
6 | 8 | Carlos Pace | Brabham-Alfa Romeo | 74 | + 1 volta | 11 | 1 | |
7 | 20 | Jacky Ickx | Wolf-Williams-Ford | 74 | + 1 volta | 21 | ||
8 | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 74 | + 1 volta | 22 | ||
9 | 19 | Alan Jones | Surtees-Ford | 74 | + 1 volta | 20 | ||
10 | 21 | Michel Leclère | Wolf-Williams-Ford | 73 | + 2 voltas | 23 | ||
11 | 2 | Clay Regazzoni | Ferrari | 72 | + 3 voltas | 5 | ||
12 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 72 | + 3 voltas | 8 | ||
13 | 37 | Larry Perkins | Boro-Ford | 72 | + 3 voltas | 24 | ||
Ret | 12 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 65 | Motor | 4 | ||
Ret | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 61 | Eléctrico | 15 | ||
Ret | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 53 | Motor | 14 | ||
Ret | 28 | John Watson | Penske-Ford | 51 | Motor | 13 | ||
Ret | 35 | Arturo Merzario | March-Ford | 36 | Caixa de cambios | 18 | ||
Ret | 5 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 34 | Caixa de cambios | 9 | ||
Ret | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 25 | Accidente | 3 | ||
Ret | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 21 | Suspensión | 6 | ||
Ret | 34 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 16 | Caixa de cambios | 17 | ||
Ret | 10 | Ronnie Peterson | March-Ford | 11 | Transmisión | 16 | ||
Ret | 30 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 3 | Transmisión | 19 | ||
NSC | 18 | Brett Lunger | Surtees-Ford | |||||
NSC | 32 | Loris Kessel | Brabham-Ford | |||||
NSC | 25 | Emilio Zapico | Williams-Ford | |||||
NSC | 33 | Emilio de Villota | Brabham-Ford | |||||
NSC | 24 | Harald Ertl | Hesketh-Ford | |||||
NSC | 31 | Ingo Hoffmann | Fittipaldi-Ford |
Posicións logo da carreira
Os puntos mostrados representan a táboa de posicións logo da carreira, cando Hunt foi descualificado. Os seus nove puntos por gañar a carreira non foron reintegrados ata moito máis tarde na tempada.
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
- Nota 2: Os resultados mostran os cambios debido á decisión dos comisarios.
Carreira anterior: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1976 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1976 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1975 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1977 |
Notas
- ↑ Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 117. ISBN 0-85429-380-9.
- ↑ Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 119. ISBN 0-85429-380-9.
- ↑ [1]
Véxase tamén
Ligazóns externas
A menos que se indique o contrario, todos os resultados proceden de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16.