Gran Premio da China de 2018
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 3 de 21 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018. | ||
Trazado do circuíto de Xangai. | ||
Data | 15 de abril de 2018 | |
Nome oficial | 2018 Formula 1 Chinese Grand Prix | |
Localización | Circuíto Internacional de Xangai Xangai, China | |
Percorrido | Circuíto permanente 5´451 km | |
Distancia | 56 voltas, 305´066 km | |
Clima | Parcialmente nubrado, 18 °C e 39 °C no asfalto, humidade do 23%. Vento 1´7 m/s. | |
Pole position | ||
Piloto | Sebastian Vettel | Ferrari |
Tempo | 1:31.095 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer |
Tempo | 1:35.785 na volta 55 | |
Podio | ||
Primeiro | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer |
Segundo | Valtteri Bottas | Mercedes |
Terceiro | Kimi Räikkönen | Ferrari |
O Gran Premio da China de 2018 oficialmente 2018 Formula 1 Heineken Chinese Grand Prix foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 15 de abril de 2018 no Circuíto Internacional de Xangai da China. Foi a terceira carreira da tempada de Fórmula Un 2018, e marca o décimo quinta vez que o Gran Premio da China disputouse como unha rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1.
Pneumáticos dispoñibles
Para pista seca | De chuvia | |||
---|---|---|---|---|
Ultrabrandos |
Brandos |
Medios |
Intermedios |
Chuvia |
Informe
Práctica
Lewis Hamilton foi o máis rápido na primeira práctica libre (FP1) e na FP2. Sebastian Vettel foi máis rápido na FP3. Durante a FP3, o turbo de Daniel Ricciardo fallou, requirindo unha reconstrución completa.
Clasificación
O equipo de boxes de Daniel Ricciardo aínda montaba freneticamente o motor do coche Red Bull cando comezou a clasificación, puido sacar o seu coche na Q1 con pouco máis de tres minutos para o fin da sesión. Coa súa primeira e única volta posible na Q1, terminou a sesión no posto 13º. Charles Leclerc, mentres tanto, trompeou o seu Sauber e non conseguiu pasar da Q1. Marcus Ericsson recibiu unha sanción de 5 postos para a carreira e 3 puntos na súa súper licenza, por ignorar as dúas bandeiras amarelas que axitaban a Leclerc. Despois de cualificar no 6º posto en Bahrain, Pierre Gasly tampouco conseguiu pasar da Q1.
Ferrari pechou a primeira liña da grella por segunda carreira consecutiva, a primeira vez desde 2006 que o equipo consegue esta fazaña. Sebastian Vettel clasificou na pole position cun tempo de 1:31.095, un novo récord. Mercedes pechou a segunda liña da grella e Red Bull a terceira.
Carreira
Sebastian Vettel conseguiu saír ben no inicio, pero o seu compañeiro de equipo, Kimi Räikkönen, perdeu posicións, caendo a cuarto posto por detrás de Bottas e Verstappen. Hamilton caeu ao quinto posto, mentres que Ricciardo mantivo o sexto lugar. Tras as primeiras paradas en boxes, Bottas logrou pasar a Vettel e posteriormente superou a Kimi Räikkönen, que aínda non parara, para liderar. Na volta 30, os coches Toro Rosso de Brendon Hartley e Pierre Gasly chocaron na forquita. Gasly recibiu unha penalización de 10 segundos e os restos deixados na pista resultaron na saída do coche de seguridade. Durante o período do automóbil de seguridade, os dous coches de Red Bull trocaron pneumáticos novos na mesma volta, nun cambio dobre. Mercedes tivo a oportunidade de entrar a Hamilton, pero deixouno para preservar a posición na pista. Bottas mantivo o liderado da carreira no reinicio logo do automóbil de seguridade. Max Verstappen saíuse na volta 39 mentres loitaba con Lewis Hamilton para a 3ª posición, perdendo unha posición con Ricciardo. Os dous Red Bulls superaron a Hamilton e Ricciardo superou a Vettel polo 2º posto. Na Volta 43, Max Verstappen chocou con Sebastian Vettel na forquita, o que provocou que ambos pilotos saísen da pista e Vettl perdese posicións, debido aos danos nos baixos. Verstappen recibiu unha sanción de 10 segundo polo incidente. Na volta 45, Ricciardo superou a Bottas no liderado da carreira, que mantivo ata a bandeira a cadros. Na penúltima volta, Vettel foi superado por Fernando Alonso e significou que terminaría no 8º posto.
Clasificación
Cualificación
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos | Grella final | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:32.171 | 1:32.385 | 1:31.095 | 1 |
2 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:32.474 | 1:32.286 | 1:31.182 | 2 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:32.921 | 1:32.063 | 1:31.625 | 3 |
4 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:33.283 | 1:31.914 | 1:31.675 | 4 |
5 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:32.932 | 1:32.809 | 1:31.796 | 5 |
6 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:33.877 | 1:32.688 | 1:31.948 | 6 |
7 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 1:33.545 | 1:32.494 | 1:32.532 | 7 |
8 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:33.464 | 1:32.931 | 1:32.758 | 8 |
9 | 55 | Carlos Sainz | Renault | 1:33.315 | 1:32.970 | 1:32.819 | 9 |
10 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:33.238 | 1:32.524 | 1:32.855 | 10 |
11 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:33.359 | 1:32.986 | 11 | |
12 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 1:33.585 | 1:33.057 | 12 | |
13 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Renault | 1:33.428 | 1:33.232 | 13 | |
14 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Renault | 1:33.824 | 1:33.505 | 14 | |
15 | 28 | Brendon Hartley | Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:34.013 | 1:33.795 | 15 | |
16 | 35 | Sergey Sirotkin | Williams-Mercedes | 1:34.062 | 16 | ||
17 | 10 | Pierre Gasly | Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:34.101 | 17 | ||
18 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 1:34.285 | 18 | ||
19 | 16 | Charles Leclerc | Sauber-Ferrari | 1:34.454 | 19 | ||
20 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:34.914 | 20[1] | ||
107% tempo: 1:38.622 | |||||||
Fonte:[2] |
Carreira
Posicións logo da carreira
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
- ↑ Marcus Ericsson foi penalizado con cinco prazas na grella por ignorar as bandeiras amarelas durante a cualificación.
- ↑ "Formula 1 2018 Heineken Chinese Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 14 de abril de 2018. Consultado o 14 de abril de 2018.
- ↑ Max Verstappen acabou en cuarto lugar pero recibiu dez segundos de penalización por causar unha colisión evitable.
- ↑ Brendon Hartley retirouse da carreira pero finalmente clasificou ao completar o 90% da distancia da carreira.]]
Carreira anterior: Gran Premio de Bahrain de 2018 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2018 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Acerbaixán de 2018 |
Carreira anterior: Gran Premio da China de 2017 |
Gran Premio da China | Carreira seguinte: Gran Premio da China de 2019 |