Gran Premio da Toscana
Tipo | competición deportiva ![]() |
---|---|
Localización e Datas | |
País | Italia ![]() |
O Gran Premio da Toscana foi unha carreira de automobilismo disputada en Italia, formando parte do calendario da tempada 2020 de Fórmula 1.[1] Disputouse no circuíto de Mugello, situado na localidade de Scarperia e San Piero. O nome tomouse da rexión de Toscana, rexión na que se localiza o circuíto.[2][3]
Historia
Trala cancelación de gran parte das carreiras debido á pandemia por coronavirus de 2019-2020, o calendario reduciuse e propúxose facer unha tempada dentro de Europa para evitar longas viaxes e reducir custos.[4][5] En principio, disputaríanse oito carreiras e durante o Gran Premio de Estiria confirmouse a extensión da tempada engadindo o Gran Premio da Toscana e o Gran Premio de Rusia.[6]
O circuíto de Mugello, a miúdo usado como circuíto privado para Ferrari, debutou na Fórmula 1 cunha lonxitude de 5.245 km.[7]
Gañadores
Fórmula 1
Ano | Piloto | Construtor | Circuíto | Resultados |
---|---|---|---|---|
2020 | ![]() |
![]() |
Mugello | Resultados |
Notas
- Referencias
- ↑ "Oficial: el calendario 2020 de F1 ya tiene 13 carreras, todas en Europa". Motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ "Ferrari pone la casa para la ‘fiesta’: la F1 visita por primera vez Mugello, el circuito de la escudería italiana". EL PAÍS. Consultado o 31 de de xullo de 2020.
- ↑ "Mugello recibiría a la F1 para el GP de la Toscana". Motorsport.com. Consultado o 31 de de xullo de de 2020.
- ↑ "Oficial: el coronavirus retrasa el inicio de la F1 y cambia el calendario". Motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ "Ya hay calendario de la F1: sin Mónaco, con dobles carreras y Montmeló el 16 de agosto". El Confidencial. Consultado o 31 de de xullo de de 2020.
- ↑ "La F-1 anunció dos Grandes Premios más: Toscana y Rusia". ESPN. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ "Horarios del MotoGP de Mugello (Italia)". AMV Argentina. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020.