Gripe aviaria
Gripe aviaria | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() Influenza A virus, o virus que causa a gripe aviaria. Micrografía electrónica de transmisión de virions en tinción negativa (claros sobre fondo escuro). (Fonte: Dr. Erskine Palmer, Imaxe dos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades). | |
ICD-10 | J09 |
ICD-9 | 488 |
DiseasesDB | 6791 |
MedlinePlus | 007263 |
eMedicine | 1170/med |
MeSH | D007251 |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A gripe aviaria ou influenza aviaria[1] é unha enfermidade viral das aves causada por cepas A de virus influenza que se pode transmitir ao ser humano e a outros animais (pero sobre todo ao porco).[2] Identificouse pola primeira volta en Italia a comezos do século XX e hoxe coñécese a súa existencia en todo o mundo. Desde 1950 houbo quince epidemias de gripe aviaria, delas cinco graves. En 1997 coñeceuse o primeiro caso de transmisión da enfermidade a un humano, en Hong Kong. Na epidemia de 2004 morreron 30 persoas, sobre todo en Vietnam e en Tailandia.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Colorized_transmission_electron_micrograph_of_Avian_influenza_A_H5N1_viruses.jpg/220px-Colorized_transmission_electron_micrograph_of_Avian_influenza_A_H5N1_viruses.jpg)
A gripe aviaria describe a infección debida a un subtipo concreto do virus A de influenza, H5N1, que pode causar doenzas graves nos humanos infectados. Transmítese por contacto con aves infectadas e o contaxio entre persoas é, de momento, raro. A gripe H5N1 non constitúe unha pandemia e non ten capacidade de ocasionala. Isto pode acontecer se H5N1 mutar nunha forma que lle permita pasar dunha persoa a outra.
Ata novembro de 2007 diagnosticouse a gripe aviaria en humanos H5N1 nun total de 12 países, con 355 casos e 206 mortes, o que representa unha mortalidade do 61,5%.[3]
Notas
- ↑ "Vocabulaire panlatin de la grippe aviaire" (PDF). Office québécois de la langue française. Consultado o 12 de setembro de 2016.
- ↑ "¿Debería preocuparnos la gripe aviar entre los mamíferos?". Infoterio Noticias | Ciencia y Tecnología (en castelán). Consultado o 2023-02-10.
- ↑ [1]
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Informe anual 2006 sobre a gripe aviaria nos países membros da Unión Europea
- Ministerio de Sanidad y Política Social
![]() |
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |