Groucho Marx
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Julius Henry Marx 2 de outubro de 1890 Manhattan, Estados Unidos de América |
Morte | 19 de agosto de 1977 (86 anos) Cedars-Sinai Medical Center, Estados Unidos de América (en) |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Eden Memorial Park Cemetery (en) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Groucho Marx |
Residencia | Manhattan |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Xudaísmo |
Actividade | |
Ocupación | humorista , actor de teatro , actor de televisión , actor de cinema , locutor de radio |
Período de tempo | Século XX |
Período de actividade | 1905 - 1976 |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Eden Hartford (1954–1969), divorcio Kay Marvis (1945–1951), divorcio Ruth Johnson (1920–1942), divorcio |
Fillos | Arthur Marx () Ruth Johnson (en) Miriam Marx (en) () Ruth Johnson (en) Melinda Marx (pt) () Kay Marvis (en) |
Pais | Sam Marx (pt) e Minnie Schoenberg Marx |
Irmáns | Zeppo Marx, Harpo Marx, Chico Marx e Gummo Marx (pt) |
Premios | |
Páxina web | marx-brothers.org… |
|
Groucho Marx, nado en Nova York o 2 de outubro de 1890 e finado nos Ánxeles (California) o 19 de agosto de 1977, foi un actor e comediante e escritor estadounidense.
Traxectoria
Naceu como Julius Henry Marx en Nova York, fillo de Minnie Schoemberg, inmigrante alemá cuxos pais rexentaban unha compañía de cómicos ambulantes, e de Sam Marx, de orixe francesa.
Marx debutou no mundo do espectáculo aos 15 anos como cantante solista. Pasado algún tempo comezou a actuar xunto aos seus irmáns no vodevil, primeiro en tríos ou cuartetos musicais e finalmente en revistas. A obra The Cocoanuts, interpretada de 1925 a 1928, deu aos Marx a súa oportunidade en Broadway. A raíz deste éxito, e tras esquecer a súa infrutuosa rodaxe dunha primeira e perdida película muda no ano 1921 (Humor Risk), asinaron tamén un acordo coa Paramount, coa que fixeron varias películas, como The Cocoanuts, Horse Feathers e Duck Soup, entre outras.
Tras saír da Paramount, e grazas ao novo xenio Irving G. Thalberg, os irmáns Marx comezaron a traballar coa Metro Goldwyn Mayer, de onde saíron películas como Unha noite na ópera e A Day at the Races. Na década de 1950 cada un dos tres irmáns continuou traballando independentemente na radio, na televisión e no cine, sendo Groucho o que obtivo máis éxito, grazas á súa faceta como escritor e sobre todo grazas ao seu famosísimo programa televisivo You Bet Your Life, co que se fixo realmente famoso nos Estados Unidos entre unha xeración de persoas que nunca o viran no teatro e que apenas o coñecían dalgunha das súas vellas películas.
Marx faleceu nos Ánxeles a causa dunha pneumonía, deixando atrás tres ex-esposas, Ruth, Kay e Eden, tres fillos, Arthur, Miriam e Melinda, 18 películas, 14 delas xunto aos seus irmáns (unha delas perdida), e millóns de admiradores. Unha das súas célebres frases foi: "Nunca pertencería a un club que admitise como socio alguén coma min".
Groucho Marx foi incinerado, as súas cinzas gárdanse no Eden Memorial Park, sendo falso o epitafio "Perdoen que non me levante", que popularmente se cre que está na súa tumba.
Filmografía
- Humor risk (1921)
- The Cocoanuts (1929)
- Animal Crackers (1930)
- The House that Shadows Built (1931)
- Monkey Business (1931)
- Horse Feathers (1932)
- Duck Soup (1933)
- Unha noite na ópera (1935)
- A Day at the Races (1937)
- Room Service (1938)
- At the Circus (1939)
- Go West (1940)
- The Big Store (1941)
- The Big Store (1946)
- Love Happy (1949)
- The Story of Mankind (1957)
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Groucho-Marx.com Arquivado 30 de novembro de 2005 en Wayback Machine. - Páxina Web de fans
- Groucho Marx at Marx-Brothers.org