Grupo_PRISA

Grupo PRISA
Logo
AcrónimoPRISA
Tiponegocio e empresa
Data de fundación18 de xaneiro de 1972
Fundador(es)Jesús de Polanco e José Ortega Spottorno
Presidente/aJoseph Oughourlian (pt) Traducir (-) Editar o valor en Wikidata
Director/aCarlos Núñez
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
http://www.prisa.com/
Facebook: PRISA Twitter: PRISA BNE: XX143814 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Grupo PRISA (Promotora de Informaciones, Sociedad Anónima) é unha empresa multinacional do sector dos medios de comunicación e as editoriais, con sede en España. O seu propietario maioriatario é Nicolas Berggruen.

Historia

Foi fundada en 1972 por Jesús de Polanco e José Ortega Spottorno para xestionar unha serie de empresas e que se nucleaban en torno á editorial Santillana. Coa integración do xornal El País, o grupo cobra unha nova dimensión, e en 1984 Jesús de Polanco pasa a ter o control da sociedade. Polanco foi o seu presidente ata o 21 de xullo de 2007, data do seu falecemento, cando foi substituído polo seu fillo Ignacio Polanco. Está dirixido por Juan Luis Cebrián.

O Grupo está presente en 22 países de Europa e América. No exercicio 2006, PRISA facturou 2.812 millóns de euros e obtivo un beneficio neto de 228,9 millóns de euros. Conta cun persoal de case 14.000 empregados. O capital social é de 21 881 250 euros.

Presenza en medios de comunicación

Prensa

Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA os xornais:

  • El Progreso (información xeral, distribuído fundamentalmente na provincia de Lugo)
  • Diario de Pontevedra (información xeral, distribuído fundamentalmente na cidade de Pontevedra e comarcas próximas)
  • El País (información xeral)
  • Diario As (información deportiva)
  • Cinco Días (información económica)
  • Odiel Información
  • Diario Jaén
  • Canarias 7
  • Diario de Avisos
  • Diario de Noticias de Álava
  • Diario del Altoaragón
  • Diario de Noticias de Guipúzcoa
  • Diario de Noticias de Navarra
  • El Adelantado de Segovia
  • El Punt
  • La Gaceta Regional
  • La Voz de Almería
  • El Segre
  • El Correo de Andalucía
  • 15% da editora de Le Monde
  • 11% de Presse Europe Regions, holding que controla o 60% de Midi Libre, editor, entre outras, de Midi Libre e L'Independant
  • El Nuevo Día
  • Extra
  • La Razón (Bolivia).

Outras publicacións de prensa

PRISA controla a entidade Progresa, dedicada á produción de revistas como Cinemanía e a edición española de Rolling Stone, Gentleman, Claves, Revista 40. Ademais, é responsable da edición mexicana de Rolling Stone.

Radio

Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as radios:

Televisión

Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as televisións:

  • A entidade Sogecable que inclúe a televisión en aberto Cuatro, e a plataforma de televisión dixital vía satélite Digital+, con canles temáticas propios como Canal + (xeneralista), CNN+ (noticias), Sportmanía (deportes), Cinemanía (cine), Documanía (documentais).
  • A firma Pretesa, que alberga a rede de televisións locais Localia, con distintos centros emisores e produtores en Galicia.
  • Media Capital - TVI
  • ATB Bolivia
  • Plural Entertainment
  • NBP, produción de contidos en Portugal

Editoriais

Pertence a PRISA o Grupo Santillana, que controla diversas editoriais como:

Presenza noutras empresas

Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as empresas de mercadotecnia e publicidade GDM e Solomedios, así como a imprenta Dédalo Grupo Gráfico.

Véxase tamén

Ligazóns externas