Guatapé é un concello de Colombia que se atopa na subrexión Oriente do departamento de Antioquia.[1] Limita polo norte co concello de Alejandría, polo leste cos concellos de San Rafael e San Carlos, polo sur cos concellos de Granada e El Peñol e polo oeste con El Peñol. A súa cabeceira dista 79 quilómetros da cidade de Medellín, capital do departamento de Antioquia. O concello posúe unha extensión de 76 quilómetros cadrados.