Guenizá
O termo guenizá (en hebreo: גניזה) designa un sitio destinado a manter, antes de seren sepultados nun lugar propio, os artefactos sagrados que se amosan inadecuados ó uso de ritual, unha vez que xa non se pode recoñecer o carácter de santidade, e tampouco é posible darlles un tratamento de obxecto común ou cotián.[1][2][3]
Actualmente, adóitanse usar na súa maioría para o almacenamento de libros sagrados ou documentos nos que se escribira un ou máis dos nomes do Creador, pero serviu parar gardar todo tipo de escritos, dende cartas a contratos, ata mesmo de escritos grafados noutras das linguas usadas polo pobo xudeu. Os documentos gardados na guenizá tamén son designados con este mesmo termo.[1][3]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Sankara Veda 2012, p. 116.
- ↑ Álvares & Benito 1998, p. 367.
- ↑ 3,0 3,1 "Guenizá" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
Véxase tamén
Bibliografía
- Álvarez, Ana María Lopes; Benito, Ricardo Isquierdo (1998). El legado material hispanojudío (en castelán). Cuenca: Universidad de Castilla-La Manca.
- Sankara Veda, Deepak (2012). Qabalah (en portugués). São Paulo: Clube de Autores.
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |